Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina de turismo de Foz acolle a mostra Incisións que promove o Museo Provincial de Lugo

FOZ .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, presentou este martes a mostra itinerante “Incisións” na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Foz.. A exposición, composta por 26 gravados e organizada polo Museo Provincial de Lugo con motivo do seu 75 aniversario, permaneceu do 5 ao 24 de maio na galería lucense. Logo da súa clausura, a dirección do museo ofreceulles aos distintos concellos de Lugo a posibilidade de acolleren esta mostra durante un pequeno período de tempo para favorecer así unha mellor e maior difusión destas obras conmemorativas.

A exposición visitou, na Mariña as vilas de Cervo, Ribadeo, Burela e Barreiros, chegando na xornada de hoxe ata Foz onde permanecerá ata o 29 outubro. Despois da súa expedición polas distintas comarcas lucenses a exposición volverá, dentro duns meses, ao seu lugar de orixe: o Museo Provincial de Lugo, un espazo no que se poderá visitar xunto ao resto das obras e coleccións que forman parte da exposición permanente da galería.

Exit mobile version