Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX do Valadouro organiza as X Xornadas Micolóxicas

O VALADOURO .- A OMIX do Concello do Valadouro cumpre dez anos na organización dunha das citas máis esperadas da época outonal. O sábado 24 de outubro terá lugar a X Xornada Micolóxica coa supervisión e dirección do micólogo Jesús Blanco.
Como é habitual, a saída a algunha das fragas próximas farase ás 15:30 diante da Casa da Cultura, poñéndonos de camiño para o recoñecemento e recolección de exemplares nun contorno de gran beleza natural.
Pola noite despois de que Jesús organiza a exposición dos cogumelos máis salientábeis, terá lugar unha cea-degustación na mesma cafetería da Casa da Cultura polo prezo único de 15 €
As prazas son limitadas polo que se recomenda non demorar a inscrición, tanto persoalmente, na OMIX, como a través do teléfono 982 57 15 16

Exit mobile version