Site icon Crónica3.com A Mariña

A UE estuda un regulamento de control da pesca según informa o delegado de Industria de Burela

BURELA (FNC).- O Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea ven de alcanzar un acordo sobre o regulamento de control da pesca presentado pola Comisión para mellorar  a cooperación entre os países membros en tarefas de vixiancia marítima e para dar maior relevancia á UE nos asuntos marítimos mundiais. O concelleiro de Comercio, Turismo e Industria informa hoxe de dito acordo pola importancia que pode ter para o sector en Burela.
José González Legazpi, sinala que “esta nova regulamentación ten como obxectivo o establecemento dun réxime comunitario de control que garanta o cumprimento das normas de política pesqueira común, representando ademais en relación coa normativa española a substitución dun regulamento que ten xa quince anos, así como a unificación da normativa actual que se atopa dispersa en diferentes regulamentos e disposicións”.
O edil nacionalista explica que “entre ás novidades que inclúe, atópase a supresión da autorización ao desembarque para os buques de máis de 24 metros e a simplificación das marxes de tolerancia, incluíndose un porcentaxe único. Igualmente establece que a certificación de potencia motriz sexa de aplicación só para os barcos que inclúen novas motorizacións”.
González Legazpi engade que “esta normativa implica a implantación dun sistema de carné por puntos para sancionar aos pescadores oficiais e armadores que incumpran as leis,  contémplase no seu artigo 84 e reflicte a posibilidade de retirada da licencia. Establecéndose neste senso que as obligacións recollidas no referido artigo  se apliquen seis meses despois da entrada en vigor do Regulamento de Desenrolo da Comisión que no citado artigo se prevé”.
A súa entrada en vigor “será diferente en función dos artigos que conleven unha modificación da lexislación actual o que require un desenrolo regulamentario. Sendo esta consideración unha previsible posibilidade para o sector e os seus representantes de valorizar as condicións de interese no transcurso destes procedementos”.

Exit mobile version