Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Fuente asegura que as vivendas de amparo municipal de Barreiros teñen boa acollida

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase sorprendido tralas declaracións efectuadas nas últimas horas polo voceiro do BNG no Concello sobre as vivendas de amparo municipal.

O rexedor explicou que “me sorprenden as súas palabras porque durante catro anos o BNG levou a Consellería de Vivenda para xestionar estes temas e no noso concello entregáronse 21 vivendas, que as iniciou o anterior goberno do PP, e ainda as entregaron finalizando a lexislatura. E agora por unha xestión que fai o Concello, que pon outras 14 vivendas a disposición dos veciños e que xa anunciamos que imos poñer máis noutras parroquias, parece que non lle gusta e que non está de acordo con que a xente nova, con que os veciños de Barreiros poidan acceder a unha vivenda digna e a un precio tamén digno e reducido”.

Fuente Parga engadiu que “si dixéramos que tiñan feito xestións e non unha macroobra coma a que plantexaron en Barreiros desde Vivenda que non lle gustaba a ninguén, nin siquera ós propietarios dos terreos, e habería que esperar catro ou cinco anos para ter esas vivendas. Entón o Concello o que fai agora son unhas xestións para que en xaneiro ou febreiro todos os rapaces que adquiran eses pisos poidan disfrutar xa deles, sin ter que esperar catro ou cinco anos a que se constrúan, que se expropien os terreos e demáis”.

O alcalde asegurou que “está a ter moi boa acollida esta iniciativa. Foi unha boa opción, imos seguir metendo vivendas e uns días despois de facelo o Concello de Barreiros a Xunta acaba de anunciar que fará o mesmo adquirindo vivendas que estean vacías para incentivar o mercado da construcción e poñer a disposición da xente que precisa as vivendas dándolles unha subvención”.

Exit mobile version