Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que non apoiará o incremento dos prezos das terrazas dos bares en Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP non apoiará o incremento dos prezos das terrazas dos bares proposto polo alcalde.

Os populares din que non hai ningún informe que a avale.

Tamén presentan unha moción pedindo que o concello fixe protocolos para a Gripe A.

O GMPP de Burela non apoiará a subida dos prezos por ocupación de espacios públicos e terrazas con mesas e sillas, porque considera que non se fixo ningún estudio serio ó respecto e polo tanto non quedan claros os motivos polos  que uns bares pagarán máis ca outros por ter mesas e sillas nas aceras.

O PP lembra que a proposta do alcalde, ademais de supoñer un incremento do prezo por metro cadrado por mesas e sillas en terrazas, acarrea que os locales da Praza de A Mariña e os do Paseo Marítimo pagarán un vinte por cento a maiores.

Os populares indican que no expediente non hai ningún tipo de informe que avale a proposta da alcaldía, e fan dudar das verdadeiras intencións do alcalde. Cabe preguntarse porqué  se incrementan os prezos das terrazas deses locais e non outros que tamen teñen unha alta ocupación de terrazas durante o verán e fins de semana.

Ademais, os populares presentan unha moción para que o concello fixe un protocolo de actuación en locais municipais e para empregados públicos de cara a paliar os posibles efectos da Gripe A. Ademais, os populares piden que o concello colabore con outras institucións publicas, como centros de ensino, a tal efecto.

Por último, estamos ante unha sesión plenária que pouco ou nada vai afectar á vida municipal e ós cidadáns de Burela. O regulamento dos arquivos vén derivado dunha iniciativa do PP de primeiros de 2007, e que o Bloque tivo parada hasta hai dous meses só por sectarismo. E as iniciativas da Deputación para o aforro enerxético non se vislumbra que teñan bon fin.

Exit mobile version