Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro promove un acordo sobre o mantemento da área sanitaria da Mariña

NOTA DE PRENSA
O deputado popular espera que con esta nova iniciativa que se suma ás moitas outras rexistradas nos pasados días quede clara cal é a intención do novo Goberno ao respecto da sanidade comarcal.
BALSEIRO PROMOVE UN ACORDO PARLAMENTARIO SOBRE O MANTEMENTO DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA E POLO QUE RECLAMA NOVAS ESPECIALIDADES MÉDICAS PARA O HOSPITAL DA COSTA

* Os populares aspiran a contar co apoio de PSOE e BNG xa que esta proposta e moito máis ambiciosa e vai moito máis alá ca do bipartito

A Mariña lucense, 01 de outubro 2009.- O Grupo Parlamentario Popular a través dos seus deputados mariñáns Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao presentaron unha iniciativa na Cámara galega pola que instarán á Xunta de Galicia a garantir o mantemento da área sanitaria da Mariña lucense e na que tamén reclaman a dotación de novas especialidades médicas para o Hospital da Costa. Os populares aspira na contar coa poio de PSOE e BNG no Parlamento de Galicia para que este acordo poida acadarse dun xeito unánime. Sobre todo, tendo en conta que se trata dunha proposta moito máis ambiciosa ca das forzas do antigo bipartito que non demandaban o aumento de servizos no centro hospitalario de Burela.

Balseiro Orol explicou que a iniciativa será debatida nas vindeiras semanas xa que foi tramitada polo procedemento de urxencia. Ao mesmo tempo insisten na idea que veñen mantendo desde fai semanas: A Consellería de Sanidade non só non suprimirá o área sanitaria da Mariñá senón que reforzará a sanidade comarcal dotando de novas consultas e especialidades médicas ao centro hospitalario sito en Burela. A este respecto o deputado popular insiste en que non lle importa que esta afirmación non sexa crible para o BNG tendo en conta que se trata dunha formación moi minoritaria –que representa menos do 10% dos sufraxios na comarca-. “Ademais si todo esto o debe comprender Antón Veiga é ata comprensible que estas cosas non as entenda”. En todo caso desde o PP comprométese a traballar para que os veciños si poidan confiar en que esto será así.

Os populares esperan que esta nova iniciativa, que supón trasladar ata o Parlamento de Galicia a proposta que están impulsando desde o PP nos distintos concellos da Mariña, sirva para clarificar a intención do novo Goberno de Galicia ao respecto da sanidade comarcal.

Exit mobile version