Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros segue sen nova rede de abastecemento de auga tres anos despois de asinarse o convenio, asegura o BNG

NOTA DE PRENSA

O BNG DI QUE TRES ANOS DESPOIS DE ASINARSE O CONVENIO BARREIROS SEGUE SEN NOVA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE POUCO SE PODE ESPERAR DUN GOBERNO QUE ACCEDEU AO PODER DESPOIS DUNHA CAMPAÑA DE MENTIRAS E DIFAMACIÓNS.

Barreiros, 9 de outubro de 2009.  Os nacionalistas barreirenses din que tres anos despois de asinarse o convenio Barreiros segue sen nova rede de abastecemento de auga, e que despois de medio ano de goberno do PP na Xunta, o alcalde recoñece que non prosperan as xestións para buscar solucións urbanísticas en Barreiros.
Desde o BNG sinalan que “imos entrar xa prácticamente no ano 2010 e desde xullo de 2006 en que o pleno de Barreiros acordou asinar un convenio cos promotores, que eran 25, para o proxecto de saneamento e de abastecemento de auga ao Concello, seguimos igual ou peor. A falla deses servizos era un dos motivos polos que a concesión de licencias tiña bastantes problemas en Barreiros. Ese proxecto para facer unha nova rede de abastecemento, un novo sistema de captación no Masma e a instalación de varios depósitos ao longo da costa estaba valorado en 3.600.000 euros. A día de hoxe, segundo confirmaba o propio alcalde no último pleno, só hai recadados 1.390.000 euros, o que nos daría para unha suposta primeira fase que, segundo o alcalde, se sacará a concurso antes de finais de ano, pero tendo en conta que hai que ter o 100% do financiamento asegurado”.
O grupo municipal nacionalista lembra que “tamén o famoso plano de infraestructuras que o colectivo de promotores ía presentar a parte da sinatura dese convenio, o alcalde dixo con toda tranquilidade que non hai tal plano. Nós consideramos que todas estas situacións que se están a dar en Barreiros, con 54 contenciosos en marcha recoñecidos polo propio alcalde, son complexas sobre todo cando se prometía desde o PP e desde alcaldía o inminente desbloqueo da situación urbanística de Barreiros. Quen manipula, quen manexa mentiras e falsas informacións agora ten que tragarse o resultado das súas manipuladas mensaxes que simplemente con intención electoral lanzou á sociedade”.

No BNG consideran que “a parálise en Barreiros é total, a Xunta que non move nin un só dedo e o alcalde tampouco porque, en palabras del, non se fixeron prácticamente xestións para proceder a ese desbloqueo urbanístico, que só sabe dunha xuntanza da APEC coa propia Consellería de Ordenación do Territorio e nós entendimos que nestas manifestacións que fixo no pleno está a recoñecer os enganos aos que someteu á xente en campaña electoral. A xente está esperando unha solución e esa solución que parecía tan fácil, segundo Alfonso Fuente e outros do PP, en Barreiros non se ve por ningún lado”.
Zona de grande afluencia turística
Os nacionalistas engaden que “entón hai que sair con algo porque en Barreiros nin centro de día nin nada. Hai que lembrar que tamén no mesmo pleno se rexeitou unha moción presentada polo BNG demandando o cumprimento dunha promesa realizada polo presidente da Xunta, e entón hai que sair cunha oficina de consumo para Barreiros, que a nós parécenos ben e non imos votar en contra si eso vai a pleno. Que sexa declarado Barreiros zona de grande afluencia turística, non nos parece mal e sabe o Sr.Fuente que vai contar co noso apoio no pleno, e penso que probablemente co de todos os grupos. Máis apertura de horarios… eses non son as solucións aos problemas que ten Barreiros. Todo o que prometeu Alfonso Fuente en campaña electoral, todo o que prometeron o PP e o Sr.Balseiro, que era un dos que máis despotricaba a respecto da situación de Barreiros e que esto se arreglaba nun plisplas, son agora os que teñen que dar respostas. Pero que non as dean coma as que dan no tema sanitario porque non convencen a ninguén, nin  aos propios militantes do PP que traballan no hospital. Polo tanto tócalle a Alfonso Fuente Parga, tócalle ao PP de Barreiros mover ficha e poñerse a traballar”.

Exit mobile version