Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra unhas Xornadas Gastronómicas do Peixe Espada a fin de semana

Venres comezan en Burela as primeiras xornadas gastronómicas do peixe espada que se prolongarán ata o vindeiro domingo. En total participan 17 establecementos hostaleiros da vila que venderán a ración de peixe espada á grella a 5 euros. Entre os participantes sortearase unha fin de semana nun hotel termal de Galicia. A concelleira de Mar, Remedios López Villar, asegura que con este evento pretende “dar a coñecer os nosos produtos do mar tal e como fixemos co polbo, co ourizo ou coa pescada” e recorda que se elaborará “o cuarto libro dos Sabores do noso mar”.

Exit mobile version