Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula o PP que Burela perderá uns 150 mil euros en 2010 das aportacións do Estado

NOTA DE PRENSA
Os populares afirman que Burela perderá vintecinco millóns de pesetas en 2010 das aportacións do Estado.

O GMPP solicita que Zapatero manteña as mesmas aportacións para os concellos para manter servicios.

O GMPP de Burela solicita do Concello de Burela que se reclame ó Goberno socialista de Zapatero que atenda as peticións da Federación Española de Municipios e Provincias e acepte as modificacións propostas para os Presupostos Xerais do Estado de 2010, entre as que destaca a de manter todas as partidas e conceptos orzamentarios que sempre se destinaron ás Entidades Locais, sen recortes nin supresión algunha.

Esta petición vai incluida na moción presentada polos populares bureleses na que se solicita que se  paralice a subida de impostos que pretende Zapatero para 2010.

Os populares lembran que Burela está  recibindo este ano 2009 un total aproximado de dez millóns de pesetas, sesenta mil euros, menos do Estado con respecto a 2008. De seguir así, en 2010 Burela podería recibir, na mellor das previsións, vintecinco millóns de pesetas, cento cincuenta mil euros menos ca en 2008 das aportacións directas do Estado, o que poñería á economía do concello burelés en situación mui delicada. E todo elo debido ós errores de cálculo dos socialistas e á ausencia de decisión á hora de resolver a financiación dos concellos, cando en 2010 a Xunta de Núñez Feijoo aportará alomenos a mesma cantidade ós concellos ca no presente ano 2009, o que é unha clara mostra da diferente forma de gobernar e de defender ós cidadáns que tén Núñez Feijoo con respecto a Zapatero.

Exit mobile version