Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA promove a campaña “Augas limpas nos baños = augas limpas nos ríos e mares” para o aforro de auga

SANTIAGO .- No cuarto de baño gástase o 65% da auga que consumimos no fogar, a maior parte susceptible de reusarse tras un tratamento previo. O desbaldimento de auga é preocupante nun momento en que xa se está a converter nun recurso limitado. Unha recente campaña da ONG brasileira SOS Mata Atlântica pretende o aforro de auga no baño cunha orixinal campaña “XIXI NO BANHO” que anima a orinar na ducha antes de empregar o xabrón, para evitar unha descarga de cisterna. Deste xeito, pódese aforrar até 4.300 l de auga ao ano. A acción, que está a ter repercusión por curiosa e controvertida, move á reflexión sobre o que supoñen os pequenos xestos cotiás para o medio ambiente.

Exit mobile version