Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro cursos e unha charla no telecentro de Burela en novembro

BURELA .-A Rede de dinamización da sociedade da información de Burela programou para o mes de novembro catro obradoiros tecnolóxicos e unha charla. Os obradoiros serán Blog, participa en internet, iniciación a internet, iniciación á informática: Linux e creación de carteis con Draw.
impartirán no mes

Nota de Prensa

A Rede presenta o seu programa para novembro en Burela
Catro obradoiros tecnolóxicos e unha charla son as actividades que se
impartirán no mes
Burela, a 30 de outubro de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información,
en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas
Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de novembro. As actividades e as datas nas que se
desenvolverán son as seguintes:
o Obradoiro de “Blog, participa en Internet”: preténdese que o usuario/a, ao rematar
esta actividade, sexa capaz crear e manter o seu propio espazo web a través da
ferramenta “Blogger”. Desenvolverase de luns a xoves, do 2 ao 12 de novembro, de
16 a 17 horas.
o Obradoiro de “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a,
ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de navegar e coñecer os servizos que lle ofrece
Internet empregando o navegador libre Mozilla Firefox. Desenvolverase de luns a venres,
do 4 ao 11 de novembro, de 11 a 12:30 horas.
o Obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux”: preténdese que o usuario/a, ao
finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos e
funcionalidades básicas dun sistema operativo baseado en Software Libre.
Desenvolverase de luns a xoves, do 5 ao 23 de novembro, de 19 a 20 horas.
o Obradoiro de “Creación de carteis con Draw”: ao finalizar este obradoiro, o usuario/a
será capaz de crear carteis co programa libre OpenOffice.org Draw. Desenvolverase de
luns a xoves, do 24 de outubro ao 3 de novembro, de 19 a 20 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla “Memoria de Muller” o martes 3 de novembro
de 11 a 12 horas. A charla consistirá en explicar aos e ás asistentes en qué vai consistir o próximo
proxecto que vai levar a cabo a RDSI en Burela, “Memoria de Muller”, que consistirá na
creación dunha videomontaxe onde as mulleres poderán contar algunha das súas vivencias.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de
Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico
ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da
Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Exit mobile version