Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrarán en Ribadeo unha xornada de estímulo de talentos matemáticos a través da astronomía

RiIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá o 14 de novembro unha xornada de Estímulo de Talentos Matemáticos a través da astronomía, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente. Horacio Cupeiro explica que “o noso concello foi elexido dentro da provincia de Lugo como lugar axeitado dentro do programa de Estímulo de Talentos Matemáticos (Estalmat).  E o día 14 de novembro acolleremos esta interesante xornada adicada á astronomía, dentro das actividades encadradas no ano internacional da astronomía. Está organizado este evento pola Universidade de Santiago de Compostela e será financiado pola Deputación de Lugo”.

O edil nacionalista engade que “a elección de Ribadeo se produciu por contar con dúas instalacións astronómicas, como son a Casa da Ría que é o observatorio e o reloxio de sol que está no Cargadeiro. Os rapaces que van participar nesta cita xa están elexidos e chegarán procedentes de diferentes puntos de Galicia. Do que se trata é de detectar os talentos a unhas idades determinadas, concretamente entre 12 e 14 anos, xa que é cando os nenos comenzan a ter determinadas actitudades entre elas as relacionadas coas matemáticas”.

Exit mobile version