Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo colabora coa Universidade de Santiago nun proxecto de integración de inmigrantes

CERVO .- O Concello de Cervo colabora coa Universidade de Santiago de Compostela nun proxecto sobre a integración de inmigrantes en Galicia, iniciativa na que participan 48 concellos galegos co fin de “elaborar un Manual de Boas Prácticas de Integración para os responsables das políticas e profesionais da administración local”,aseguran

Nota de Prensa

O CONCELLO COLABORA COA UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA NUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES EN GALICIA

* Cervo foi un dos 48 municipios elixidos en Galicia para levar adiante este estudio na nosa comunidade autonómica

* Cos datos finais preténdese elaborar un Manual de Boas Prácticas de Integración para os responsables das políticas e profesionais da administración local

Cervo, 16 de outubro de 2009.- As concelleiras de Asuntos Sociais e de Educación do Concello de Cervo, Pilar Armada e Yolanda Pedreira mantiveron onte unha xuntanza nas dependencias municipais con Miguel Santos Rego, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e responsable do proxecto de investigación do Ministerio de Ciencia “La gestión socio-educativa de la inmigración en la administración local”.

Na xuntanza tamén participaron unha asistenta social do Concello de Cervo e a educadora municipal. Nela o profesor Santos Rego recabou datos estatísticos da poboación inmigrante en Cervo co obxectivo de estudar modelos e experiencias exitosas relacionadas coa integración dos estranxeiros no ámbito de vida local para diagnosticar as principais necesidades relacionadas coa xestión de fluxos migratorios no marco das actuais competencias e responsabilidades municipais. “O que se pretende con este proxecto é elaborar un Manual de Boas Prácticas de Integración para os responsables das políticas e profesionais da administración local” aclarou a concelleira de Educación Yolanda Pedreira.

Dende as áreas municipais de Asuntos Sociais e Educación valorase positivamente que Cervo fora un dos 48 municipios elixidos en Galicia para desenvolver este proxecto de investigación “e demostra o bo facer das políticas de integración, asistencia social e educación que se están a levar adiante nos últimos anos neste eido” salientou Pedreira.

Exit mobile version