Site icon Crónica3.com A Mariña

Cursos de informática durante o mes de novembro no telecentro de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia novas actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no mes de novembro.

O telecentro acollerá dous cursos de iniciación á informática. O primeiro desenvolveráse do 2 ao 12 de novembro en horario de 19 a 20 horas. E o segundo do 16 ao 26 de novembro de 11 a 12 da mañá. Tamén se impartirá un curso de procesador de textos, que terá lugar todos os venres do 6 ao 27 de novembros cos membros da Asociación A Mariña de Ribadeo. Será de 11 a 12 da mañá.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades da Rede de Dinamización da Sociedade da Información os interesados poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito na rúa Antonio Otero, 15-2º andar, chamar ao teléfono 982 120 732.

Exit mobile version