Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncia o PP que non se teñan resolto as subvencións ás comunidades veciñais

NOTA DE PRENSA
O GPPP denuncia que aínda non se resolveu oficialmente a concesión de subvencións ás comunidades veciñais

* Os populares suliñan que, segundo as propias bases da administración provincial publicadas o pasado 5 de marzo, as obras tiñan que estar rematadas, como data límite, o pasado 30 de setembro

Lugo, a 19 de outubro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denuncia que “a día de hoxe” non están concedidas oficialmente ningunha subvención para a execución de obras das comunidades veciñais, e eso a pesar de que as bases que regulan este tipo de axudas establecía que os traballos tiñan que estar rematados como data límite o pasado 30 de setembro.

O voceiro adxunto dos populares na administración provincial José María González Barcia amosou a súa perplexidade porque tres semanas despois de retamar o prazo fixado pola Deputación para que as obras adscritas ó plan de cooperatición coas comunidades veciñais estiveran rematadas se convocara aínda hoxe a mesa de valoración das mesmas.

Para Barcia, non parece lóxico e menos aínda xustificable a demora que están a acumular estas obras, dado que foi a propia entidade provincial a que fixou os tempos de execución dos proxectos. Na súa opinión, está é unha mostra máis, “e xa son moitas”, puntualiza, do “ritmo lento de traballo que impera no bigoberno provincial”.

“Esta área, a de cooperación cos concellos, que dirixe o Sr. Gato Soengas”, engade o voceiro adxunto dos populares, “leva presumido o seu durante estes dous anos pero agora amósase tan incapaz como o seu Presidente”. “E o máis chocante aínda é que moitas asociacións saben dende hai tempo que van a recibir a subvención e a cuantía da mesma, e teñen incluso apalabrados os traballos, porque lle foi comunicado por membros do partido Socialista nos seus respectivos concellos, como pode ser o caso de Barreiros, Foz, Cervo, Palas de Rei, Monterroso…, pero resulta que agora o Sr. Gato os ten moi cabreados a todos por non solucionar a concesión destas axudas en tempo e forma”.

Exit mobile version