Site icon Crónica3.com A Mariña

Lara Méndez reivindicou “a aposta da Deputación polo medio ambiente como unha oportunidade económica”

LUGO .- A Deputación reivindica a aposta polo medio ambiente como unha oportunidade económica segundo sinalou a vicepresidenta segunda Lara Méndez na presentación da monografía “Sostenibilidade, valores y cultura ambiental” dentro do proxecto do organismo provincial Lug02.

Nota de Prensa

A Deputación reivindica a aposta polo medio ambiente como unha oportunidade económica

Lara Méndez participa na presentación da monografía “Sostenibilidade, valores y cultura ambiental” dentro do proxecto do organismo provincial Lug02

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves na presentación da monografía “Sostenibilidade, valores y cultura ambiental” que se presentou no Pazo Provincial dentro do proxecto Lug02. Lara Méndez salientou o feito de que esta obra trata de sensibilizar aos cidadáns sobre a importancia dos espazos naturais e reivindicou “a aposta da Deputación polo medio ambiente como unha oportunidade económica”.

A Vicepresidenta Segunda da Deputación lembrou que Lugo ten 10.000 quilómetros cadrados de superficie avalada polas tres Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO. Por iso, a Deputación reorientou as políticas de actuación e fixo do medio ambiente un dos seus piares adicando 5 millóns de euros, dos cales o 70% son fondos da Unión Europea, ao programa Lug02.

Méndez salientou que a iniciativa da Deputación fomenta o turismo sostible, aproveita o valor dos recursos naturais para o desenvolvemento autónomo, ofrece máis posibilidades aos emprededores e axuda a creación de emprego, “todo gracias al medio ambiente”.

No acto de presentación de “Sostenibilidade, valores y cultura ambiental”, Ricardo García Mira, profesor de Psicología Social e Ambiental e director do libro, Pedro Vega Marcote, profesor de Educación Ambiental para o Desenvolvemento Sustentable e tamén director da monografía, e Bernardo Hernández Ruíz, Catedrático de Psicología Social da Universidade da Lagua e prologista da obra, explicaron que destacados académicos, profesores e investigadores de diferentes paises participaron na elaboración da monografía tratando de favorecer a comprensión da sostenibilidade e das súas aplicacións nas políticas prácticas.

Neste senso, os ponentes destacaron “o bo exemplo que está a dar a Deputación de Lugo con Lug02, un programa que está dando resposta a sostenibilidade da provincia”.

Exit mobile version