Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 300 persoas participan esta semana no programa medioambiental da Deputación

LUGO .- Máis de 300 persoas participan esta semana no programa medioambiental da Deputación. Ademais da ruta “Oleiría de Bonxe”, que se estrea na iniciativa que promove o organismo provincial, os destinos elixidos polos participantes son a Terra Chá, A Mariña, o Courel e a Ribeira Sacra.

NOTA DE PRENSA

A ruta “Oleiría de Bonxe”, protagonista por primeira vez en Km0

– Máis de 300 persoas participan esta semana no programa medioambiental da Deputación

– A Terra Chá, A Mariña, o Courel e a Ribeira Sacra son os outros destinos das seis rutas organizadas dentro da iniciativa provincial

Máis de 300 persoas redescubrirán esta semana a provincia a través do programa medioambiental da Deputación Km0. Ademais da ruta “Oleiría de Bonxe”, que se estrea na iniciativa que promove o organismo provincial, os destinos elexidos polos participantes son a Terra Chá, A Mariña, o Courel e a Ribeira Sacra. A Vicepresidenta Segunda do organismo provincial, Lara Méndez, recibiu este martes no Pazo de San Marcos, a dous grupos, un da Asociación de Mulleres de San Cibrao e a outro da Asociación Cultural “O Morelle” de Sarria, dentro do programa co que a Deputación pon en valor a riqueza medioambiental e paisaxística da provincia.

No primeiro caso, 48 veciños da localidade mariñana de San Cibrao desprazaranse ata a Terra Chá, onde visitarán os Lagos de Teixeiro, a canteira de Lourixe e o Castro de Viladonga. Tamén coñeceron o Centro de Interpretación Terras do Miño.

Asimesmo, 55 integrantes do colectivo sarriano, decantáronse pola Mariña, concretamente polo Concello de Ribadeo, onde percorreron o Centro de Cultivos Mariños, o Convento de Santa Clara e fixeron unha travesía marítima pola ría. Antes de desprazarse ó norte da provincia coñeceron as instalacións da Granxa Gayoso-Castro, nas que o vindeiro ano o organismo provincial construirá o Centro de Recría

O mércores, 48 membros da Asociación Veciñal “Os Colitos” de Outeiro de Rei elixirán a ruta do Courel, que inclúe unha visita ós Castros de Vilar e da Torre, e á aldea de Seceda. Ese mesmo día, 55 integrantes da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Pol viaxarán ata Viveiro, onde coñecerán o eucaliptal de Chavín e o Convento de Valdeflores. Tamén subirán ó Monte de San Roque.

O xoves, 48 estudantes do CEIP de Antas de Ulla estrearán a ruta “Oleiría de Bonxe”, que inclúe unha vista á Lagoa de Caque e ó aeródromo de Rozas, así como ó museo arqueolóxico de San Roque. Pola súa banda, 44 membros do clube de lectura do IES “Santiago Basanta Silva” de Vilalba, desprazaranse ata a Ribeira Sacra. Logo de seren recibidos na Deputación e de visitar o Mazo de Santa Comba, farán un percorrido en catamarán por Amandi e unha ruta de sendeirismo pola localidade de Pena do Castelo.

Exit mobile version