Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de persoas participaron en obradoiros da Rede de Dinamización en Burela

BURELA .- Medio cento de persoas participaron nos sete obradoiros que impartiu a o centro Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Burela durante o mes de setembro. Os obraoiros foron de creación dunha conta de correo electrónico; Blog, participa en Internet, procesador de textos: Writer, iniciación á informática: Linux, folla de cálculo: Calc e creación de contos para nenos e nenas. Ademais, deuse a charla “Solicitude de cita médica por Internet”.

Nota de Prensa

O Centro de Dinamización de Burela impartiu en setembro máis de 60 horas de formación tecnolóxica
No mes que rematou leváronse a cabo 7 obradoiros nos que se formou a case 50 participantes
Burela, a 8 de outubro de 2009 . A Rede de Dinamización da Sociedade da Información
continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas
Novas Tecnoloxías en Burela. No mes que remata impartiu un total de 7 obradoiros tecnolóxicos,
a través dos que se formou a 49 persoas e que se estenderon ao longo de 61 horas.
Os obradoiros impartidos foron os seguintes: “Creación dunha conta de correo electrónico”, “Blog,
participa en Internet” (2 edicións), “Procesador de textos: Writer”, “Iniciación á Informática:
Linux”, “Folla de Cálculo: Calc” e “Creación de contos para nenos e nenas”.
Ademais, deuse a charla “Solicitude de cita médica por Internet” na que se amosou cómo pedir
cita para o médico a través da páxina do Sergas.
Asemade, 15 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de
xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta , que foi utilizada nun total de
525 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Burela en
xaneiro de 2008, foron xa 362 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo
leváronse a cabo 124 obradoiros nos que se formou a 705 participantes. Aínda que os obradoiros
son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 5 charlas e 3 iniciativas,
nas que participaron 108 persoas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao
Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo
electrónico ao enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da
Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu

Exit mobile version