Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide a Fomento que pare as desafectacións de expropiacións ata que resolva o novo acceso

RIBADEO (FNC) .-O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de enviarlle un novo escrito ao enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, sobre ese terceiro acceso á variante. Pídelle que se proceda á suspensión do procedemento iniciado de desafectación dos bens e dereitos da expropiación á espera de que se celebre ese encontro entre Fomento e o Concello coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. Xuntanza que foi proposta polo propio rexedor ribadense.

Exit mobile version