Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo reunirase en Santiago con Fomento e Patrimonio para falar do acceso á variante

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asistirá o vindeiro luns 26 de outubro en Santiago ao encontro entre Concello, Fomento e Dirección Xeral de Patrimonio para falar da anulación do proxecto de construcción do terceiro acceso á variante.

Esta xuntanza foi proposta polo propio rexedor  o pasado día 19 tras a reunión celebrada na Demarcación de Estradas do Estado na Coruña. Fernando Suárez considera importante “retomar novamente ese proxecto, ainda que sexa con pequenas modificacións, porque sería mellor que iniciar un expedente novo, xa que levaría varios anos de tramitación”.

Tamén ao longo desta pasada semana a Secretaría de Estado de Planificación e Infraestructuras comunicóulle ao alcalde “a súa vontade de darlle unha solución a este acceso á circunvalación e a teñen a intención de manter a consignación presupostaria”. Fernando Suárez busca unha saida dialogada a esta situación.

Exit mobile version