Site icon Crónica3.com A Mariña

O avogado focense Xosé Ramón Ermida debutou como tertuliano en Onda Cero A Mariña

RIBADEO .- Os faladoiros da emisora de radio Onda Cero A Mariña (102,3 FM) contan cun novo colaborador, que é o focense Xosé Ramón Ermida, avogado e ex-responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego. Ermida debutou hoxe (martes, 13 de outubro) e compartiu faladoiro nos estudos de Onda Cero en Ribadeo con Afonso Parga e Jesús Plácido Igrexas Uz, que xa participaron na tempada pasada neste espazo de opinión e debate.
Onda Cero A Mariña ten dous faladoiros á semana (habitualmente os luns e os xoves) dentro do programa de actualidade local e comarcal “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras.
Ao longo das próximas semanas incorporaranse outros novos colaboradores aos faladoiros de Onda Cero A Mariña para contar cada vez con máis opinións diversas á hora de debater sobre os asuntos que están de actualidade a nivel local e comarcal.

Exit mobile version