Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo ve oportunista que o PP pida ampliar o Museo do Mar cando se está cos actos do 40 aniversario

Nota de Prensa

CERVO
A oportunista moción do PP sobre o Museo do Mar demostra o éxito da organización  do 40 aniversario

Si esta e a aportación do PP ao Museo do Mar que fiquen tranquilos,  o BNG non vai cometer os mesmos erros que cando a eles lles tocou facelo e non cumpriron.
O impulso que lle deu ao museo a xestión nacionalista dende a área de Cultura e Deportes da Deputación e evidente e non ten contestación
Cervo, 13 de outubro de 2009. O anuncio do Partido Popular de Cervo sobre a presentación dunha moción na que piden a ampliación do Museo do Mar San Cibrao xestionado na actualidade pola Área de Cultura e Deportes a cuxo fronte está o nacionalista Antón Veiga, non é mais que unha “pataleta” que demostra o éxito da organización deste 40 aniversario e a dinamización cultural deste museo dende o cambio de goberno na Deputación. Para o BNG de Cervo e necesaria esta ampliación, mais non vai ser o PP quen marque os tempos dun proxecto no que xa se está traballando coa prudencia e seriedade que non tivo este partido cando tivo a oportunidade de facelo.
O PP desde o concello e a deputación anunciaron a ampliación en 2004 e non cumpriron
O Partido Popular na Deputación e concello anunciaron a ampliación do museo en 2004, sen facer ningunha xestión ao respecto, os orzamentos dos anos seguintes ate o 2007 así o demostraron. O BNG entende que tratar de enganar aos veciños non e o camiño axeitado, mais ben débese traballar coa prudencia e seriedade necesarias para chegar ao obxectivo da ampliación no momento en que un investimento desta envergadura conte con tódalas garantías necesarias, algo que os actuais responsábeis da Área de Cultura e Deportes da Deputación, xa están a facer. Non debe ser o PP quen marque os tempos dunha actuación que eles anunciaron e non cumpriron cando tiñan responsabilidades de goberno sobre a rede museística da Deputación.
Os veciños notaron o cambio de xestores do museo e isto moléstalle ao PP
Para o BNG son evidentes os cambios no modelo de xestión que os actuais responsábeis do museo imprimiron a esta dotación cultural, o Museo do Mar pasou de ser un lugar onde se expoñían pezas relacionadas co mundo do mar a ser un lugar que aínda mantendo como principal sinal de identidade a súa raíz popular e mariñeira, abriuse ao mundo do arte cunha programación paralela estábel de altísima calidade que o converte nun dos referentes culturais da comarca  da Mariña. Hoxe este museo ten persoal suficiente contratado para atendelo e ademais sigue contando coa inestimábel axuda da xente do pobo que viu nacer e continúa aportando o seu apoio. Os actos da pasada fin de semana coa celebración do 40 aniversario fixeron xustiza con aqueles que puxeron as bases para  ter o que hoxe temos, mágoa que o PP non saiba entendelo e pretenda agora sumarse a un carro que non soubo coller a tempo.

Exit mobile version