Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Ribadeo conta con 35 novas inscricións

RIBADEO (FNC) -. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes que remata impartíronse un total de 3 obradoiros tecnolóxicos,que tiveron unha duración de 20 horas e a través dos que se formou a 24 persoas.

Os obradoiros impartidos este mes foron Iniciación á informática e Iniciación a internet. Tamén se desenvolveron outros como Creación dunha conta de correo electrónico, Saúde en internet ou Procesador de textos writer, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede. Este mes pasado tamén se impartiu unha charla sobre o coñecemento da Televisión Dixital Terrestre.

Asemade, 35 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que ésta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 432 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar en Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 946 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 89 obradoiros nos que se formou a 583 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 4 charlas e 4 iniciativas, nas que participaron 71 persoas.

Nota de Prensa

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Ribadeo. No mes que remata impartiu un total de 3 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 24 persoas e que se estenderon ao longo de 20 horas.

Os obradoiros impartidos este mes foron “Iniciación á Informática” e “Iniciación á Internet”. Cabe tamén destacar outros levados a cabo como “Creación dunha conta de correo electrónico”, “Saúde en Internet” ou “Procesador de textos Writer”, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede. Este me pasado tamén se impartiu unha charla sobre o coñecemento da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Asemade, 35 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 432 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 946 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 89 obradoiros nos que se formou a 583 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 4 charlas e 4 iniciativas, nas que participaron 71 persoas.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito en rúa/ Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo mariacarmen.ribadeo@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Exit mobile version