Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo creou un comité para garantir servizos no caso dunha pandemia de gripe A

CERVO.-O Concello de Cervo constituíu un comité con fin de que se encargue de coordinar accións contra a gripe A para garantir os servizo básicos municipais ante un hipotético risco de pandemia de gripe A, según anunciou o alcalde Alfonso Villares.

Nota de Prensa

O CONCELLO CONSTITUÍU O COMITÉ ENCARGADO DE COORDINAR AS ACCIÓNS CONTRA A GRIPE A PARA GARANTIR A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS MUNICIPAIS

* A súa labor será  informar aos traballadores das medidas de protección persoal recomendadas pola administración sanitaria para combater o andazo

* Tamén se encargará  de levar adiante as accións necesarias no caso de que os traballadores municipais se vexan obrigados a non poder acudir ao seu posto de traballo por mor desta pandemia

Cervo, 7 de outubro de 2009.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou que onte tivo lugar a constitución do comité coordinador do Plan de Continuidade de Empresa  fronte a pandemia da gripe A.

Segundo indicou o rexedor municipal, este plan ten como obxecto tomar as accións necesarias para, “se fose o caso”, garantir a prestación de servizos básicos e a continuidade dos mesmos ante un hipotético risco de pandemia de gripe A.

Este comité, creado ao amparo da lexislación vixente na materia e recollido no Protocolo Especial do Protocolo Especial do Platerga fronte o Risco de Pandemia de Gripe A en Galicia (PEPGAL), esta presidido polo alcalde, e nel tamén participan sete traballadores do Concello en representación dos distintos servizos municipais. O seu coordinador será o cabo de Protección Civil, Mario Antuña.

O Plan  de Continuidade de Empresa do consistorio cervense fronte a pandemia da gripe A enumera como servizos esenciais para o funcionamento desta administración local os da Policía Local, Protección Civil, Servizo de recollida de lixo e limpeza, Asistencia a Domicilio, Rexistro e Xulgado de Paz. Nel se dan a coñecer as medidas de protección persoal recomendadas pola administración sanitaria, de xeito que tódolos empregados poidan coñecelas entre os distintos servizos municipais máis propensos ao contaxio (PAI,  Asistencia a Domicilio, etc…) e tamén se recollen as accións a levar adiante no caso de que os traballadores municipais se vexan obrigados a non poder acudir ao seu posto de traballo por mor desta pandemia.

Segundo indicou Alfonso Villares, unha vez constituído formalmente o comité, procederase a informar aos traballadores das medidas profilácticas de cara a combater “na medida do posible” o contaxio deste andazo. “Comezaremos polo Punto de Atención Continuada, xa que este é un servizo utilizado polos máis pequenos, e polo tanto hai que facer fincapé na divulgación das medidas hixiénico-sanitarias para combater a propagación deste virus non só nas traballadoras do PAI, se non fundamentalmente nos nenos que fan uso destas dependencias” salientou o alcalde.

Exit mobile version