Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo recorda a propietarios de solares no casco urbán que deben adecententalos

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, está a enviar cartas aos propietarios de solares, fincas ou terreos no casco urbán e nos núcleos rurais para que os limpen e os adecenten, porque moitos están cheos de silvas, e ademáis de dar mala imaxe supoñen un perigo de salubridade pública.

O rexedor sinala que “hai un tema ao que nos estamos adicando con especial interese nos últimos tempos debido as suxerencias que nos realizaron algúns veciños do concello e tamén ás efectuadas polos portavoces que forman parte da Corporación Municipal. Estamos enviando cartas pedindo aos propietarios de solares, terreos e fincas, sobre todo nos ámbitos urbanos ou de núcleo rural, que se atopan en situación de abandono, que son silveiros e que a parte de dar moi mala imaxe ofrecen perigo de salubridade pública ou de ornato público. Moitos solares teñen bichos, alimañas… que non son axeitados en zonas onde vive xente ao seu pé”.

Suárez Barcia explica que “os técnicos municipais están a facer unha serie de informes do que aleatoriamente están a ver por aí de todos os sitios que precisan de desbroce e limpeza. Aos propietarios lles recoñecemos, como non podía ser doutro xeito, os dereitos á propiedade e os que lle sexan inherentes e lles lembramos que tamén teñen obrigas e que esas fincas deben estar en perfecto estado de ornato e de salubridade pública. Xa houbou cambios sustancias nos últimos tempos que se poden apreciar nalgúns solares que levaban moitos anos sen limparse cheos de silvas e que agora están totalmente desbrozados”.

A idea do goberno, segundo o alcalde de Ribadeo, é seguir nesta liña. Fernando Suárez supón que “pode haber xente á que non lle pareza demasiado ben, pero nosoutros no que ten que ver coa seguridade pública, tal e como facemos moitas veces en obras do casco vello e o seguiremos facendo, e tamén coa salubridade e o ornato debemos facelo e intensificalo, porque os portavoces e os veciños así nolo están indicando, sobre todo aqueles que son colindantes con este tipo de fincas ou de parcelas que están á brava”.

Exit mobile version