Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro O Castro de Vilaronte representa “O velorio de Xan Perolonun”, no teleclub de San Cosme de Barreiros

BARREIROS .- A iniciativa da entidade Queremos galego, o grupo de teatro da asociación cultural O Castro de Vilaronte, Foz, actúa o venres, día 16 de outubro, no Teleclube de San Cosme onde porá en escena a súa última obra “O velorio de Xan Perolonun”, ás nove da noite. Esta actividade está organizada pola plataforma Queremos Galego de Barreiros saca un autobús para acudir a manifestación do 18 en Compostela.

Nota de Prensa

Queremos Galego de Barreiros saca un autobús para acudir a manifestación do 18

“O Castro” de Vilaronte actúa o Venres ás 21:00h no Teleclube de San Cosme

O Grupo de Teatro da Asociación Cultural O Castro de Vilaronte actuará o Venres 16 de Outubro, nun acto organizado pola Plataforma “Queremos Galego”, ás 21:00h. no Teleclube de San Cosme onde porá en escea  a súa última obra “O velorio de Xan Perolo”.

O Grupo de Teatro do Castro de Vilaronte, un dos máis veteranos da comarca, foi fundado por Victoriano Felpeto e actualmente é dirixido por Benito García Bolaño, na representación de San Cosme contará con 23 actores todos eles veciños de Vilaronte. O grupo do Castro percorreu toda Galiza cos súas representacións, sendo o uso do galego unha constante nas súas obras desde a fundación a principios dos 70.

Os membros da sección Barreirense  da “Plataforma Queremos Galego” animaron aos veciños de Barreiros a participar da mobilización do 18 de Novembro e recordaron que haberá un autobús gratuíto desde  Barreiros para acudir a manifestación que saíra o Domingo 18 ás 09:00 de diante do Concello. Neste sentido desde a Plataforma “Queremos Galego” recordaron que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación debe anotarse chamando ao Tlf:982-140-654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres.

Os membros de Queremos Galego fixeron fincapé “na difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados ate o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura”.

Desde Queremos Galego chamouse “a transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.

Xa por último os colectivos que conforman a Plataforma “Queremos Galego”  en Foz insistiron na importancia da mobilización do día 18 de  Outubro e animaron ao conxunto de entidades sociais e persoas a título particular de Barreiros a adherise a mesma a través do correo electrónico queremosgalego@queremosgalego.org.

Exit mobile version