Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aproba unha iniciativa do PSOE para que a Xunta dea axudas para a recuperación forestal

NOTA DE PRENSA
APROBADA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA NA QUE SE RECLAMA UN PLAN DE AXUDAS CON DOTACION ORZAMENTARIA PARA A RECUPERACION FORESTAL, POR MOR DO CICLÓN KLAUS

-A portavoz de Agricultura Sonia Verdes denuncia que coa chegada do goberno de Feijoo á Xunta de Galicia , dende o Grupo Socialista tivemos que lamentar que chegaran as paralizacións e os recortes, ante a falta de compromiso e a incapacidade para resolver as axudas aprobadas polo anterior goberno

Santiago, 23 de outubro de 09. Aprobada unha iniciativa do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento, na que se insta ao Goberno da Xunta a poñer en marcha un Plan de axudas con dotación orzamentaria para a recuperación forestal dos montes galegos, por mor do ciclón Klaus.

A portavoz de Agricultura Sonia Verdes interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar a necesidade de implementar axudas para a recuperación do potencial forestal danado polo Klaus.

Na súa intervención Verdes relatou que a situación xerada polo temporal Klaus nos montes galegos, unida ademais á grave crise que atravesa a industria da madeira en Galicia no marco dunha depresión económica xeralizada, e tendo en conta tamén a posible repercusión no mercado do volume de madeira caída nos montes do sur de Francia, facían previsible o asentamento dunha situación económica moi complicada para o sector forestal galego. Especialmente para os silvicultores que teñen que custear a saca da madeira afectada, restaurar os bosques danados e afrontar as consecuencias da crise, agravada polas graves dificultades comerciais para colocar os seus produtos.

Verdes explicou que coa sinatura do acordo do pasado 27 de febreiro, que asinou o anterior goberno da Xunta de Galicia e os representantes do sector forestal e da industria da madeira galegos mediante o cal acordaron poñer en marcha dúas liñas de axudas directas para os propietarios forestais e comunidades de montes veciñais en man común. Argumentou que a primeira das liñas estaba dirixida a subvencionar os custos da corta e saca da madeira danada aos propietarios, custos moi superiores aos das corta e sacas nunha situación de normalidade, dada a súa complexidade e perigosidade. A segunda das liñas de axudas económicas estaba enfocada aos propietarios forestais para facer os traballos de restauración das masas forestais gravemente afectadas

A portavoz denuncia que coa chegada do goberno de Feijoo á Xunta de Galicia , dende o Grupo Socialista tivemos que lamentar que chegaran as paralizacións e os recortes, ante a falta de compromiso e a incapacidade para resolver as axudas aprobadas polo anterior goberno.

A portavoz de Agricultura lembrou que o mal tempo foi o fenómeno metereoloxico que lle salvou a cara ao Conselleiro de Medio Rural, sobre os incendios forestais.

Verdes denuncia que a día de hoxe a Consellería de Medio Rural non se está a levar a cabo ningún tipo de actuación para mellorar o aproveitamento e a mellor ordenación do monte galego. Amais lamenta os retrasos nas resolucións das axudas xa comprometidas polo goberno anterior, a ausencia total de publicación de novas ordes de axudas para o sector forestal , o incumprimento do Conselleiro de destinar máis de 60 millóns de euros antes do remate do ano para a mellora de arredor de 25000 ha de superficie forestal galega.

Texto da iniciativa aprobada hoxe;

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a establecer un Plan de Axudas con dotación orzamentaria suficiente para a recuperación do potencial forestal danado polo ciclón Klaus, que afectou a Galicia o pasado 23 e 24 de xaneiro, procedendo a publicación entre setembro e decembro de 2009 dunha Orde de Axudas con vixencia 2010-2011, co fin de garantir e promover a repoboación e conservación e os traballos de silvicultura necesarios para recuperar as zonas de monte afectadas polo ciclon Klaus. Evitando os problemas fitosanitarios e o incremento do risco de lumes que provocaría a grave crise o abandono, contribuíndo así a paliar a grave crise que esta a sufrir os propietarios forestais”.

Exit mobile version