Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP acusa á oposición de non apoiar a súa proposta de saneamento das rías galegas

NOTA DE PRENSA
O Pleno do Parlamento aprobou, co rexeitamento do PSOE e a abstención do BNG, unha proposición non de lei do Grupo Popular que insta ao Goberno galego a executar plans locais para cada unha delas

OS SOCIALISTAS GALEGOS VOTAN EN CONTRA DUNHA INICIATIVA PARA QUE A XUNTA EXECUTE O SANEAMENTO INTEGRAL DAS RÍAS GALEGAS

Santiago, 14 de outubro de 2009.- O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia votou hoxe en contra dunha iniciativa do Grupo Popular destinada a instar á Xunta de Galicia a que execute o saneamento integral das rías galegas. O Pleno do Parlamento aprobou, co rexeitamento do PSOE e a abstención do BNG, unha proposición non de lei do Grupo Popular que insta ao Goberno galego a executar plans locais para cada unha delas.

A proposición non de lei, defendida polo portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Daniel Varela, plantexa acometer o saneamento a través de plans para cada ría que diagnostiquen e propoñan actuacións para garantir a boa calidade das augas. O obxectivo fundamental destes plans sería facer un diagnóstico da situación actual en materia de verteduras e deficiencias dos sistemas de saneamento e propoñer e acometer as actuacións necesarias, tendo en conta o medio receptor, para subsanar os problemas detectados coa finalidade de atinxir a boa calidade das augas en todas e cada unha das rías galegas.

O deputado Daniel Varela urxe na súa iniciativa a elaboración destes plans rigorosos de acordo coa normativa comunitaria europea para o mantemento e creación de novas estacións depuradoras e para diagnosticar e inventariar a situación actual en materia de vertidos ó dominio público.

Exit mobile version