Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela “acusa ó alcalde de enfrentarse coa Xunta”

NOTA DE PRENSA

O GMPP acusa ó alcalde de enfrentarse coa Xunta.

Os populares pídenlle ó alcalde que pague do seu bolsillo a subida de impostos de Zapatero.

Demostrouse que as axudas dos corenta euros, de momento, só  é unha “convocatoria política”.

O GMPP de Burela afirma que o pleno celebrado onte serviu para ver que o bigoberno burelés, especialmene o alcalde e a alcaldesa, están totalmente perdidos, sin rumbo e enfocando a súa política mediática no enfrontamento directo coa Xunta, creando problemas ós cidadáns de Burela onde non tiña que habelos e sen presentar un proxecto que se precie de apostar polo futuro dos cidadáns.

O voceiro dos populares, José María González Barcia, manfiestou que agora o bigoberno tén presa para meterlle leña á Xunta, e de repente empezan a facer mocións como locos, como se veu cando o PSOE apoiou a subida de impostos de Zapatero ou como o Bloque tentaba meter á Xunta na subida de impostos. O colmo xa foi cando o alcalde dixo que a subida do IVA non ía ser para tanto. Pedímoslle que pague el o incremento do IVA dos veciños do concello, xa que é tan rico.

Outra mostra máis da desfachatez e hipocresía política de PSOE e BNG é a presentación dunha moción pedíndolle á Xunta actuacións que xustamente hai un ano eles rechazaron. E ademais, é intolerable que lle pida actuacións á Xunta quen, gobernando a Xunta durante catro anos, foron incapaces de executar nin un só euro do presuposto autonómico e as obras que se están a facer son exactamente as que a Xunta do PP presupostou en 2005. ¿Como se pode ter a desfachatez de pedir cousas da Xunta cando foron incapaces de sacar adiante o campo de fútbol artificial da Marosa¿ ¿como pode ter o alcalde a cara dura de decir que hai que apurar o acceso ó porto cando hai uns meses decía que había que ter paciencia porque era unha obra mui difícil?

Por outra parte, González Barcia indicou que non hai ningunha xustificación para gravar as terrazas da Praza da Mariña e as do Paseo Marítimo, porque non hai ningún estudio rigurosos ó respecto e porque o impacto sobre a recaudación é mínimo.

Barcia tamén indicou que co asunto da Burela Blues Band o alcalde quere mirar para outro lado, pero agora se sabe que se cobrou pola actuación de Lourenzá, ainda que non dixeron canto. Tampouco se van tomar medidas disciplinarias, polo que entendemos que o que quere Lucía Bouza da escola de Música é que sexa “unha banda”gobernada por ela.

E finalmente, quedou demostrado que non hai decreto de convocatoria de axudas dos corenta euros nin hai consignación presupostaria. E Nieves Cando tén a cara de decir que é unha convocatoria política, o que demostra unha irresponsabilidade política considerable, porque cando se convoca unha subvención hai que ter os trámites administrativos feitos. Se esto chega a facelo o PP, esta señora estaría poñendo o berro no ceo, e agora, cando tén que dar a cara, nin pide disculpas nin cousa semellante, limítase a culpar ó PP deste asunto. Barcia considera que o bigoberno, nos últimos meses, está xa á defensiva e facendo oposición ó PP en vez de gobernar. Se non fixeran tantas mocións e gobernaran e presentaran proxectos, seguro que as cousas irían algo mellor, dentro do que se lle pode pedir a un bigoberno instalado na vagancia, na fantasía e aferrados ó sillón para non perder os cartos que cobran de todos os veciños pero sen facer nada.

Exit mobile version