Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que o alcalde aínda non creou a comisión para premiar os solares

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o alcalde ainda non creou a comisión para premiar os solares máis cuidados.

Os populares aseguran que, pola contra, está enviando escritos esixindo limpeza.

O PP considera que en Burela hai dous alcaldes e que o bigoberno está agotado.

O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde e o bigoberno carecen de proxecto para Burela, como se demostra que cando falta ano e medio para as eleccións municipais ainda non teñan manifestado cales serán as súas liñas de actuación para mellorar a calidade de vida dos veciños de Burela nos próximos meses nin tampouco cales son os proxectos de dinamización socioeconómica que preparan, se é que preparan algún.

Os populares afirman que o alcalde e o bigoberno están buscando a confrontación coa Xunta de Feijoo, cando foron incapaces de sacar adiante ningún proxecto coa Xunta bipartita. Así, o alcalde non tén falado a estas alturas nin coa Conselleira de Sanidade, nin co Presidente de Portos nin con calquera outro cargo da Xunta. Pola súa banda, Nieves Cando adica o tempo que tiña que adicar a atender ós veciños de Burela no concello a facer política de panfleto de partido diante da porta do Hospital, eso sí, pagada cos cartos de todos.

Para o GMPP, tamén é grave que o alcalde tampouco teña unha liña de actuación definida nin tan siquera no que se refire ás cuestións do día a día da vida municipal. Como exemplo, poñen a limpeza de certos solares e fincas de Burela. Os populares lembran que hai meses aprobouse en pleno unha das ideas “estrela” do alcalde, unha “brillante” proposta, que consistía en premiar ós solares máis cuidados de Burela. Pois ben, a día de hoxe, nada hai sobre este asunto, a comisión encargada de valorar os solares nin tan siquera se constituiu. Pero o que é peor é que o alcalde asinou hai uns días varios decretos nos que esixía de propietarios de solares de Burela a inmediata limpeza de solares, e de non ser así serían adecentados por funcionarios municipais e os custos serían abonados polos propietarios. O lóxico sería comunicarlles a estes propietarios que os seus solares están en mal estado, pero que se os adecentan poden incluso optar a un premio.

Quizaves a explicación é que o alcalde, con tanto traballo riba a mesa, non tén tempo, ou que a concelleira de Medio Ambiente está máis preocupada por enchufar a persoas do seu entorno na Escola de Música.

Ademais, o alcalde adícase a crear problemas onde non debería habelos. Agora resulta que os traballadores do concello están que votan fume polo reparto da productividade, malestar provocado pola teima do alcalde de querer “comprar” vontades con cartos de todos e non contentar a ninguén, polo que o rebote dos traballadores é monumental, dado que hai diferencias considerables, mui dificilmente xustificables, entre o que cobran uns e o que cobran outros.

Para os populares, esto é un total contrasentido e unha incoherencia máis dun alcalde ó que lle queda grande o despacho, e que está levando a Burela a unha situación de absoluta e innecesaria ingobernabilidade, porque cada día que pasa nótase máis que o bigoberno está agotado por cansancio e por falla de proxecto, e que hai dous alcaldes, un para as áreas do PSOE, e non para todas, e outra para as áreas do Bloque.

Exit mobile version