Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP mostrase satisfeito cos presupostos da Xunta para Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP valora positivamente os presupostos da Xunta para Burela.

Afirman que demostran o compromiso de Núñez Feijoo con Burela.

O investimento real da Xunta superará os sete millóns de euros  en 2010.

O GMPP de Burela puxo hoxe de manifesto, a través dunha nota de prensa, a súa valoración positiva dos presupostos da Xunta de Galicia para Burela para 2010, facendo fincapé en que os máis de sete millóns douscentos mil euros que a Xunta destina a Burela no capítulo de investimento real demostran o compromiso da Xunta de Núñez Feijoo con este concello e co seu desenvolvemento socioeconómico.

Os populares consideran que os presupostos do ano próximo apostan polo  remate do acceso ó porto, e tamén o remate das obras de mellora de abastecemento de auga a Burela. Os populares lembraron que estas obras quedaron xa consignadas nos presupostos de 2005, últimos da Xunta de Manuel Fraga, cos seus proxectos debidamente aprobados, o que demostra que a Xunta bipartita foi incapaz de executar o que eles mesmos presupostaron. Salienta tamén o PP que tanto unha obra coma a outra foron adxudicadas en 2007 pola Xunta bipartita, nun intento de manipular e influir na campaña electoral das municipais, e agora a realidade vólvese contra deles.

A consignación para o acceso ó porto de Burela é de tres millóns setenta mil euros, mentres que para a mellora de abastecemento de auga a consignación para 2010 ascende a cincocentos corenta e cinco mil euros no que se refire ó termo municipal de Burela, e que entre Cervo e Burela supón un total de un millòn cen mil euros.

Os populares consideran importante a consignación, de trescentos mil euros, que aparece nos presupostos de 2010 para a remodelación do vial de acceso á zona sur do porto de Burela, desde Eijo Garay a ABSA polo Berbés, e que conta cun presuposto total de cincocentos oitenta mil euros. O PP lembra que esta obra fora anunciada hai uns días polo Presidente de Portos de Galicia ó portavoz popular González Barcia nunha reunión con membros de ABSA e da Confraría.

Importante tamén é a ratificación do compromiso co Hospital da Costa. Serán un millón vinteoito mil euros, que recollen as obras de xinecoloxía que o bipartito tiña presupostadas desde 2008 e que foi incapaz de realizar, e as obras de reposición do teito do hospital e da rampa, que o bipartito anunciara pero que non fora capaz nin de presupostar.

Finalmente, os populares afirman que a Consellería de Pesca presuposta catro millóns seiscentos mil euros para diversas actuacións na Mariña Central; boa parte deses fondos, en boa lóxica, repercutirán no sector pesqueiro burelés.

Exit mobile version