Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere se “regularicen administrativamente” as actuacións da Burela Blues Band

NOTA DE PRENSA

O GMPP quere saber que medidas se teñen adoptado para evitar “alegalidades” nas actuacións da Burela Blues Band.

Os populares piden que as actuacións se “regularicen administrativamente” de cara ó futuro.

O alcalde non contestou a dúas peticións de documentación.

O GMPP de Burela afirma que no concello non hai ningún tipo de contrato nin documetos acreditativos de cobro da actuación da Burela Blues Band o pasado día catro de Outubro en Lourenzá. Eso é o que se desprende despois de que o pasado día nove de Outubro o PP presentase unha petición por escrito, dirixida ó alcalde, solicitando acceso á esa documentación, e o alcalde, a día de hoxe, non teña contestado.

Abundando no asunto, o pasado día quince o PP volveu a presentar unha nova petición de documentación por escrito e dirixida ó alcalde, neste caso os contratos e documentos acreditativos de cobro das actuacións da Burela Blues Band en 2008 e en 2009. Pasados máis de dez días, tampouco o alcalde contestou a esta petición.

Polo tanto, tendo en conta que non se nos contesta nin se nos dá  a información  solicitada, e descartando que non queiran facilitala, que sería mui grave, os populares só ven unha posibilidade a esta problema, que é que no concello non haxa ningún tipo de documentación, ainda que a Burela Blues Band fixo varias actuacións en 2008 e en 2009. Se é así, todas estas actuacións foron “alegales” cando menos, e se se cobrou, e alomenos nun caso cobrouse, en algún lado terán que estar os cartos, ainda que en caso de que se cobrara o seu destino debería ser obligadamente unha conta bancaria do Concello porque a Burela Blues Band está incluida na Escola de Música e polo tanto pertence ó Concello. E esto trae consigo que ou ben o alcalde non se enterou da nada en todo este tempo, o que sería grave, ou ben sabía o que pasaba e mirou para outro lado, que é tan grave coma o anterior.

Polo tanto, o PP preguntará no Pleno de hoxe que medidas se teñen adoptado para averiguar como se formalizaron esas actuacións a nivel de contrato, e para averiguar tamén se se cobrou algunha cantidade e onde está. E fundamentalmente tamén queremos que se tomen medidas para que as actuacións da Burela Blues Band se regularicen administrativamente de cara ó futuro. E esto quen o tén que facer é o alcalde, que é a máxima autoridade no concello. Sería de bastante mal gusto pola súa parte que declinase a súa responsabilidade na concelleira de Educación Lucía Bouza, responsable directa da Escola de Música e polo tanto da Blues Band, pero que lembremos que tén a competencia delegada desde a alcaldía.

Exit mobile version