Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo ofrece apoio ao concello para que a figura institucional do Xacobeo sexa de Sargadelos

NOTA DE PRENSA
Os Socialistas de Cervo pedímoslle ao Alcalde que loite porque a cerámica de Sargadelos sexa o agasallo institucional do Xacobeo 2010.

Ofrecémoslle ao Alcalde todo o noso apoio, sen fisuras

O Grupo Municipal Socialista de Cervo presentou no pleno do pasado 13 de maio unha proposta para que a cerámica de Sargadelos fora o agasallo institucional do Xacobeo 2010. Esta proposta tivo o respaldo de toda a corporación municipal, pero a día de hoxe, nada se sabe desta proposta e do seu trámite no parlamento de Galicia.

O PSdeG-PSOE de Cervo impulsou a iniciativa despois do facerse público o nomeamento de Ignacio Santos como xerente da sociedade xestora do Xacobeo 2010 e de saber que a Xunta recuperaría a figura do Pelegrin, que xa foi fabricada por Sargadelos para o Xacobeo do ano 1993.

Impulso para Galicia, impulso para Cervo

Feijóo comprometeuse a que o Xacobeo fora un revulsivo económico e unha oportunidade para abrir Galicia ao resto do mundo, e polo tanto é lóxico pensar que dende o executivo Galego, a nosa proposta sería tomada en conta, máxime cando o goberno do Concello ten o mesmo cor político.

A proposta non é unha solución aos problemas de ninguén, pero pretendemos que sexa un impulso para Cervo, de forma que se potencie a súa economía e o seu entorno, e aproveitar a proximidade do camiño Norte que pasa por Barreiros, Lourenzá ou Mondoñedo, e que supón unha oportunidade de dar a coñecer o noso concello.

Apoio sen fisuras

Os Socialistas ofrecemos o noso apoio total e sen fisuras para acadar compromisos en Santiago ante o xerente da Sociedade Xestora do Xacobeo 2010, e se é necesario, levaremos a cabo outras iniciativas populares. Entendemos como veciños e concelleiros de Cervo que peor que non conseguir o obxectivo, sería non intentalo.

Exit mobile version