Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Mondoñedo organiza unha charla sobre a política do PP na área sanitaria da Mariña

NOTA DE PRENSA:
A AGRUPACION SOCIALISTA DE MONDOÑEDO ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A POLITICA DO PP RESPECTO Á AREA SANITARIA DO HOSPITAL DE BURELA

-A cita será mañá venres, ás 8 da tarde na Casa da Xuventude

Mondoñedo, 8 de outubro. A agrupación socialista de Mondoñedo organiza unha charla sobre a política do PP, respecto á area sanitaria do Hospital de Burela. A cita será mañá venres, ás 8 da tarde na Casa da Xuventude. O portavoz de Sanidade do PSdeG-PSOE, Miguel Angel Fernández será o encargado de facer unha análise da folla de ruta do PP, respecto da area sanitaria de Burela.

Modesto Díaz García, tenente de Alcalde de Mondoñedo e secretario da Agrupación mindoniense enmarcou este acto dentro das distintas series de charlas que o PSdeG-PSOE vai a realizar en toda Galicia. Díaz García subliñou a importancia desta xornada “para que a cidadanía poida coñecer o que esta facendo o Goberno de Feijoo coa sanidade pública da nosa comarca”.

Miguel Angel Fernández López (1963), foi deputado na pasada lexislatura e portavoz de Sanidade. Licenciado en Medicina e Ciruxia Xeral pola Universidade do Pais Vasco (Promoción 1981-1987). Especialista en Medicina Intensiva (obtido en xaneiro de 1995). Máster en economía e Xestión da saúde pola USC. Director Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo dende o 15 de setembro de 2005 ata o ano 2008 (mes de abril).

Exit mobile version