Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe ao “goberno de Feijoo que clarifique a súa postura sobre as areas sanitarias”

NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS ESIXEN AO GOBERNO DE FEIJOO QUE CLARIFIQUE A SÚA POSTURA SOBRE AS AREAS SANITARIAS DE GALICIA

– O portavoz de Sanidade Modesto Pose definiu a folla de ruta do PP no que se refire a xestión sanitaria como de “confusión, goberno, confusión”

-Denunciou que “a sanidade empeorou en Galicia de maneira alarmante”

– Dixo “nosoutros estamos dispostos a falar pero non a diminuír un ápice a autonomía dos Hospitais Comarcais”

– Dende o PdeG-PSOE entendemos que os Hospitais Comarcais teñen demostrado a súa eficacia e a súa sintonización coa poboación a que atenden

Santiago, 8 de outubro do 2009. O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista Modesto Pose esixiu hoxe ao Goberno de Feijoo que clarifique a súa postura sobre as areas sanitarias de Galicia.

En rolda de prensa, Pose puxo de manifesto o malestar importante que esta creando na cidadanía á Consellería de Sanidade con este asunto. O deputado socialista aludiu ademais a que os afectados nas comarcas, dende persoal sanitario a colectivos veciñais, están creando plataformas para “parar esta tropelia”, relatou.

Denunciou que os propios profesionais destes hospitais comarcais son os máximos interesados en defender as actuais areas sanitarias. Definiu a folla de ruta do PP no que se refire a xestión sanitaria como de “ confusión, goberno, confusión”. E insistiu “dende a Consellería de Sanidade din unha cousa e dende o Partido Popular outra moi distinta”, espetou “o PP so provoca confusión”.

Explicou que incluso os populares,ademais do PSdeG-PSOE, presentaron unha serie de iniciativas parlamentarias nas que reclaman unha resposta sobre este asunto, para que a Conselleira se aclare. Segundo denuncia Pose o propio PP esta preguntándolle á Conselleira que vai pasar en Burela, Monforte, Valdeorras e no Salnés.

Dende o PSdeG-PSOE vamos esixirlle a Señora Farjas que se clarifique, que nos diga claramente o que quere facer, e que xa esta ben de gobernar a Sanidade estilo proba, error, proba, error, ironizou o portavoz. “Para ensaios -explicou- xa hai outras actividades e non a política sanitaria”. Nese senso lembrou as diferentes lexislacións de ordenación sanitaria, como o mapa sanitario que se fixo por consenso Decreto 186/1984, o decreto de modificación do 55/1989, a Lei 13 /92 de inclusión da area sanitaria do Salnés (feita por unha iniciativa Lexislativa popular) ou o decreto 52/1998.

Esixe claridade

Pose dixo que todo o relacionado coa sanidade son temas moi sensibles por iso di que dende o PSdeG-PSOE “nunca manipularemos”, pero esiximos claridade á Consellería de Sanidade sobre este asunto. Por iso pregúntalle á Conselleira de Sanidade si os “hospitais comarcais van a perder autonomía si ou non”, proclamou. “Queremos saber si os xerentes van a seguir en cada Hospital Comarcal”, insistiu.

Dende o PSdeG estamos dispostos a falar para mellorar, pero non para empeorar a situación.

Dende o PdeG-PSOE entendemos que os Hospitais Comarcais teñen demostrado a súa eficacia e a súa sintonización coa poboación a que atenden, e hoxe a poboación  valora altamente a eficacia destes Hospitais, por iso reclamamos que sigan tendo autonomía.

Atención Primaria e Especializada

O deputado tamén se referiu a integración da Atención Primaria e a Especializada.

Pose pide nomear un xerente de atención integrada, que este por arriba dos xerentes dos dous hospitais. Argumentou que para poder crear esta praza se eliminen os actuais xefes territoriais de Sanidade “que non valen para nada”.

O deputado socialista insistiu nas súas criticas ao PP “nosoutros estamos dispostos a falar pero non a diminuír un ápice a autonomía dos Hospitais Comarcais”.

Lista de espera alarmante

Preguntado polos xornalistas sobre as listas de espera, Modesto Pose foi tallante e afirmou que segundo as súas informacións “a sanidade empeorou de maneira alarmante”. Aludiu tamén as declaracións da Conselleira de Sanidade nas que explicou que a situación das listas de espera era igual que antes, a día 30 de setembro. Dixo que non sabe de donde saca os datos á Conselleira , e que seria bon preguntarllo.“Quen lle da os datos senón están elaborados,”e reclamou “que os faga públicos”.

Exit mobile version