Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiros de autoestima e musicoterapia en Remourelle e Vilaosende, en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Remourelle e Vilaosende serán escenario este mes de dous obradoiros do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, segundo ven de anunciar a concelleira Mariluz Álvarez Lastra.
O día 20 de outubro terá lugar na escola de Remourelle entre as 15 e as 19 horas “un obradoiro de desenvolvemento persoal (autoestima) para tentar axudarnos a levar da mellor forma posible aquelas situacións persoais que nos afectan ao longo da vida”, explica a edil de Muller. Álvarez Lastra engade que “o segundo é un obradoiro de musicoterapia que se celebrará no teleclube de Vilaosende co que se pretende potenciar o emprego da música e o ritmo como elementos de comunicación e educar tamén para a saúde”.
A concelleira nacionalista sinala que “os obradoiros son só para mulleres e ainda que se desenvolvan nesas parroquias en concreto, poden ir todas aquelas mulleres do concello de Ribadeo que o desexen. O único que teñen que facer é anotarse chamando ao teléfono do CIM: 982 120 739. Tamén poden dirixirse a nós en busca de máis información sobor destes cursos ou sobor do resto da programación que organizamos para as vindeiras semanas”.

Exit mobile version