Site icon Crónica3.com A Mariña

“Olladas de mulleres, visións desde A Mariña” conta con 45 participantes no obradoiro de fotografía dixital

A MARIÑA .- Aclara o Observatorio da Mariña pola Igualdade que 45 mulleres participan na iniciativa “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña” que organiza o Observatorio nos concellos de Burela, Mondoñedo e Barreiros. Este proxecto consta de tres partes, a primeira parte do obradoiro de fotografía dixital, segue unha segunda parte na que as mulleres porán en práctica os coñecementos adquiridos fotografando a súa realidade cotiá. A terceira parte da actividade consiste na realización dunha exposición fotográfica en cada concello. Posteriormente, o colofón da actividade será unha exposición final conxunta, de forma que así se poidan apreciar as realidades cotiás das mulleres de Burela, Mondoñedo e Barreiros.

Nota de Prensa

Dada a confusión xerada sobre o curso de fotografía dixital iniciado onte día 19 en Barreiros, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade dentro da iniciativa “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, remitímoslles de seguido información veraz sobre o curso. A iniciativa ten un éxito rotundo, con case medio cento de mulleres participantes nas tres localidades de Burela, Mondoñedo e Barreiros.

Así mesmo, lembrámoslles que este venres 23 temos en San Cibrao unha charla-café “FALEMOS DE… XÉNERO E IDIOMA: QUEREMOS GALEGO, QUEREMOS IGUALDADE”. Será ás 20.30 horas no pub Panadeiras (rúa Aduana). Agradecemos máxima difusión.

ÉXITO ROTUNDO DE

“OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”

Onte comezou en Barreiros o obradoiro de fotografía dixital que organiza o Observatorio da Mariña pola Igualdade dentro da iniciativa “Olladas de Mulleres”

Un total de 45 mulleres participan na iniciativa que organiza o Observatorio nos concellos de Burela, Mondoñedo e Barreiros

Onte luns 19 comezou en Barreiros o obradoiro de fotografía dixital “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade co obxectivo de contribuír ao empoderamento das mulleres a través da fotografía. Ás 17 mulleres anotadas no curso de Barreiros, súmanse as 13 alumnas de Mondoñedo e máis as 15 de Burela, pois a iniciativa dixital “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA” organízase simultaneamente nestas tres localidades, o que redunda no ámbito comarcal da asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Lembrámoslles que a actividade “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA” consta de tres partes. A esta primeira parte do obradoiro de fotografía dixital, segue unha segunda parte na que as mulleres porán en práctica os coñecementos adquiridos fotografando a súa realidade cotiá. A terceira parte da actividade consiste na realización dunha exposición fotográfica en cada concello. Posteriormente, o colofón da actividade será unha exposición final conxunta, de forma que así se poidan apreciar as realidades cotiás das mulleres de Burela, Mondoñedo e Barreiros.

Exit mobile version