Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o alcalde de Barreiros o Plan da Xunta mellorará a calidade de vida do concello

BARREIROS. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase satisfeito co anuncio realizado hoxe pola Xunta. O goberno galego vai desbloquear o urbanismo no concello coa redacción dun plan sectorial de incidencia supramunicipal.

Fuente Parga mantivo un encontro en Lugo co conselleiro, Agustín Hernández, “no que se chegou a un acordo que se levaba elaborando hai tempo. Despois de visto por parte da Consellería como estaba a situación en Barreiros se chegou á conclusión de elaborar un plan sectorial, algo que satisface ó Concello porque é o que viñamos demandando desde o primeiro día. É decir, mellorar todas as infraestructuras, tanto en abastecemento de auga como en saneamento, alumeado público… e foi algo que se veu demandando desde sempre por parte do anterior goberno da Xunta, ainda que sen obter resultados positivos para o noso concello. Non se podía paralizar unha actividade como é a da construcción, senón que o que hai é que apoiar que ese desarrollo siga para adiante buscando unha calidade de vida sustentable”.

O rexedor sinalou que “ese acordo que levará á execución dun plan especial entre a Xunta e o Concello de Barreiros e ó que se vai invitar a participar á Deputación de Lugo, así como executar ese convenio asinado en xullo de 2006 por parte dos empresarios, eu creo que levará a bó fin a execución dunhas obras para disfrute de todos os veciños do noso concello”.

Alfonso Fuente dixo que “é unha satisfacción que chegase este día, e no mes de novembro asinarase ese convenio que leve a cabo o desarrollo dese plan sectorial. É algo moi beneficioso que mellorará a calidade de vida e dos servizos do noso concello”.

Exit mobile version