Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia construirá o próximo ano unha goleta na Mariña

SANTIAGO .- O ente público Portos de Galicia construirá unha embarcación tipo goleta de dous mastros das utilizadas durante os primeiros anos do século XX, semellante á “Paca Gómez” e que será construída na mariña lucense. A Consellería do Mar e Portos de Galicia apostan polo seu compromiso coa carpinteiría de ribeira e co riquísimo patrimonio cultural marítimo de Galicia, dirixindo unha iniciativa como é a construción desta embarcación.

A fabricación desta goleta producirá un efecto xenerador de emprego a través da súa construción nun asteleiro galego, promoverá unha actividade que está en fase de estinción asegurando traballo a estes artesanos do mar, actuará como unha media anticrise e o mesmo tempo será un compromiso coa riqueza cultural de Galicia, preservando a cultura mariñeira da vila e da comarca da mariña lucense. En definitiva, este investimento produtivo conxugará ao mesmo tempo a difusión do patrimonio cultural propio e a creación de postos de traballo, estimulando así unha demanda solvente e sostible.

Con esta iniciativa Portos de Galicia comeza un interesante programa de apoio á carpinteiria de ribeira, xa anunciado en sede parlamentaria, consistente na construción dunha goleta de dous mastros, da tipoloxía da Sargadelos, que facía a ruta desde San Ciprian ata A Coruña. A construción desta nave suporá uns dous anos de traballo artesanal. Así mesmo, promoverá a divulgación da cultura náutica e patrimonio marítimo entre os nenos e maiores, e poderá ser visitada durante todo o proceso de construción nunha instalación adaptada.

Esta embarcación será a primeira en cen anos que será fabricada en Galicia, seguindo os métodos artesanais empregados hai un século, será unha referencia histórica na construción de embarcacións tradicionais en Galicia, e neste senso, Portos de Galicia colaborará coa Asociación Galega de Carpinteiria de Ribeira (Agalcari) para outros proxectos e mañan sábado o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, clausurará a “II Xornada de Construción Naval en Madeira” na localidade de Ribeira.

Paca Gómez

A histórica goleta “Paca Gómez”, foi un barco de gran significado en San Ciprián. Esta embarcación foi construída a principios do século, no ano 1905 polo carpinteiro José Daniel Paleo, cun arqueo de casi 87 toneladas, unha eslora de 22 metros e manga de 6,50 metros cun puntal de 2,5 metros, sendo valorada naquel momento en 29.000 pesetas. Os seus primeiros donos foron Estanislao Fernández de la Ballina de Cedeira e de Demetrio Gómez Paleo. Causou baixa definitiva en 1969 e remodelouse en 1952 incorporandolle unha maquina de vapor

Exit mobile version