Site icon Crónica3.com A Mariña

Pretenden variar o trazado da vía do tren para modificar o inexistente acceso ao porto de Burela

A obra está parada desde fai mais de dous anos

BURELA .- Pretenden variar o trazado da vía do tren “máis cara o pobo, hai que desviala uns 7 ou 8 metros, máis ou menos, con respecto á actual ubicación”,asegura Alfredo Llano, para modificar o inexistente acceso o porto de Burela,iniciado na pre campaña  das municipais e paralizado desde fai dous anos e medio.  A iniciativa para realizar esta obra data dos pasados anos noventa, sendo alcalde de Cervo Roberto Álvarez.
Nota de Prensa

A FRAXILIDADE DO TERREO OBRIGARÁ, SEGUNDO ALCALDE DE BURELA, A CAMBIAR O TRAZADO DAS OBRAS DE ACCESO Ó PORTO.

Burela, 6 de outubro de 2009. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañado de enxeñeiros técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio e de Eptisa estiveron a supervisar o actual trazado do acceso ó porto de Burela. Todo apunta a que terá que ser modificado debido á fraxilidade que presenta unha parte de terreo polo que discorre.

O rexedor sinalou que “estivemos vendo a posibilidade de facer un cambio de trazado do que era o anterior proxecto de acceso ao porto. Apareceron problemas técnicos moi gordos, moi importantes hacia o que é a metade das obras de dito acceso onde existe un terreo extraordinariamente fráxil, por tanto o requerimento técnico é pasar a vía do tren máis cara o pobo, hai que desviala uns 7 ou 8 metros, máis ou menos, con respecto á actual ubicación”. Alfredo Llano manifestou que “esto implicará un novo trazado, un novo proxecto e un novo presuposto para levar adiante esta obra”.

Llano insistiu en que “tal e como está o terreo nesa zona éste cambio convértese en obrigatorio. O único que hai que facer é apurar ó máximo a resposta de FEVE para cambiar o trazado da vía que tamén implicará unha modificación no actual trazado do acceso ao peirao”. O alcalde suliñou que “se trata dunha obra importantísima para Burela, por tanto consideramos que hai que axilizar os trámites burocráticos e inmediatamente despois, cando esteamos todos de acordo, tratar de levalo adiante o máis axiña posible. Insisto en que estamos a falar dunha obra moi importante e moi agardada en Burela”

Exit mobile version