Site icon Crónica3.com A Mariña

Recorda o BNG que o corredor Barreiros Ferrol ” debería estar rematada en 2007 tal como asinaran Cuíña e Cascos en 2001″

Nota de Prensa

Veiga afirma que o PP está definitivamente empeñado en que sexan os nacionalistas quen executemos o Corredor

O BNG denuncia que os Orzamentos de 2010 asinan a acta de defunción do Corredor

O Bloque Nacionalista Galego considera que os Orzamentos da Xunta de Galiza representan unha absoluta ausencia de compromiso coa Comarca por parte do Partido Popular, nomeadamente naquelas cuestións centrais para o futuro da Mariña. “A Mariña desaparece nos orzamentos de 2010, e así se explica a campaña de engano masivo que tenta levar adiante o PP” afirma Veiga que pregunta ao PP que “sería bo que Balseiro nos indicase de onde saen os seus números ou se é que ten estragada a calculadora”. Non é necesario que lembre aquí o programa electoral do PP, pero a ninguén se lle escapa que este se converteu en papel mollado”

Os compromisos de Balseiro e o PP da campaña electoral son papel mollado

Os nacionalistas temos claro que as contas para o 2010 evidencian a dupla linguaxe coa que funciona o PP ”onde están as dotacións orzamentarias para todas aquelas cuestións que prometeu Balseiro?” preguntase Veiga que ve un autentico escándalo na parálise que este orzamento significa para execución do Corredor Barreiros – Ferrol. Veiga recordou que esta obra debía estar rematada en 2007 tal como asinaran Cuíña e Cascos en 2001 e a pesar do retraso que acumula estes Orzamentos xa fixan que 2/3 do investimento da mesma(70 millóns de Euros) vanse executar despois de 2013. A falta de dotacións nos Orzamentos do Estado e da Xunta para esta actuación, que pon en evidencia e que o deseño viario discrimina ao norte galego, o que exemplifica o papel marxinal que se lle ten asignado. “O PP está definitivamente empeñado en que sexan os nacionalistas quen executemos o Corredor nos seus tramos de competencia autonómica senón non se explica porque o gordo do investimento se transfire a próxima lexislatura” concluíu Veiga.

O BNG anunciou tamén o inicio dunha batalla social e institucional para modificar o deseño das infraestructuras viarias no norte galego e neste sentido urxiu un acordo do Parlamento de Galiza que fixe contías e prazos para que a obra se remate nun prazo razoábel que en ningún caso pode superar o horizonte de 2004. Neste sentido desde o BNG vai presentar unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza e solicitar que a Xunta estableza un cronograma que de resposta as nosas demandas en materia de infraestructuras.Asemade imos demandar posicionamentos do conxunto das forzas socias da Comarca “porque non podemos estar caldos ante esta nova aldraxe” reiterou Veiga.

Unha área norte con gran potencial económico abandonada polas administracións

O Responsábel-Portavoz Comarcal do BNG lembrou que área norte da Galiza costeira, as comarcas da Mariña lucense, Ortegal, Eume e Ferrol, constitúen un espazo definido e diferenciado de 300.000 habitantes e 3.000 quilómetros cadrados de superficie, segundo se define no estudo socio – económico realizado pola Fundación Universidade de A Coruña e na historia común destes territorios. Neste sentido lembrou o potencial económico e demográfico desta área xeográfica caracterízase pola presenza de importantes enclaves industriais e enerxéticos (Inespal-Alcoa, Endesa-As Pontes, Megasa, IZAR-Fene/Ferrol) así como unha actividade relativamente superior á media galega en sectores como a pesca, a explotación forestal, industrias extractivas de minerais non metálicos, alimentación, téxtil e confeción, madeira e corcho, química,  metalurxia, transportes e outros, cuxo desenvolvemento futuro está precisamente condicionado á mellora das infraestruturas viarias. En resume, o 10.5% da poboación galega, o 10.3% da cuota de mercado galega, o 14.0% da actividade industrial de Galiza e o 10.3% da actividade económica galega concéntranse nesta zona. Porén rematou o nacionalista “esta relevancia económica e social, determinante sen dúbida dentro do PIB galego, contrasta cunha deficiente dotación de infraestruturas de comunicación, o que dificulta os fluxos de actividade e a inter-relación entre as distintas áreas do territorio, e do conxunto co exterior, constituíndo esta situación un freo importante para o pleno desenvolvemento do potencial existente nesta área xeográfica galega”.

A parálise na execución de infraestructuras públicas ten efectos demoledores na criación de emprego e reactivación da economía.

Xa por últimos desde o BNG queremos denunciar que a paralización desta infraestrutura, na medida que implica o retraemento do gasto público e xa que logo de investimentos, ten unhas fortes implicacións no emprego, precisamente cando este debía ser a principal preocupación da Xunta. Nun momento de crise económica e cando o conxunto dos gobernos europeos están facendo unha forte aposta pola mobilización de recursos públicos para incentivar a economía, o Goberno de Feijoo ponlle o freo a unha actuación que significaría un alivio económico para toda a área norte galega. Os nacionalistas non chegamos a entender como o executivo se pode marcar outras prioridades de gasto que non vaian na dirección de activar a actividade económica e moito menos que non valore os beneficios que en termos de emprego xeraría este vial para o conxunto da Comarca da Mariña.

Exit mobile version