Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables de museos de Asturias e Euskadi acudiron a celebración do 40 aniversario do Museo do Mar

SAN CIBRAO .- Un elevado número de veciños e veciñas de A Mariña participaron na derradeira xornada dos actos conmemorativos do 40 aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao que se celebrou o domingo. As actividades resultaron do interese dos responsables de museos venencellados ao mundo do mar que se desplazaron ata San Cibrao, dende Asturias e Euskadi, para coñecer esta instalación museística e coa intención de intercambiar información e manter contactos de cara a futuras colaboracións.
Poroutra banda, o responsable da área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, que participou nos actos, destacou a conexión interxenaracional dos participantes nas actividades “foi emotivo comprobar como os máis vellos e os máis novos compartiron de xeito natural a historia e presente deste museo que xa é unha institución por si mesmo na comarca de A Mariña”.

Nota de Prensa

ÉXITO DE PÚBLICO NA SEGUNDA XORNADA DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO 40 ANIVERSARIO  DO MUSEO DO MAR

Veciños e v eciñas de A Mariña asistiron de xeito masivo aos actos programados que se desenvolveron nesta instatalación dependente da Área de Cultura da Deputación

LUGO, 11 de outubro de 2009. Un gran número de veciños e veciñas de A Mariña participaron na derradeira xornada dos actos conmemorativos do 40 aniversario do Museo Provincial do Mar. Os actos que se iniciaron o pasado venres e tiveron continuidade durante toda a fin de semana foron seguidos por numeroso público que participou de xeito activo nas actividades programadas. O deputado da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, destacou a conexión interxenaracional dos participantes nas actividades “foi emotivo comprobar como os máis vellos e os máis novos compartiron de xeito natural a historia e presente deste museo que xa é unha institución por si mesmo na comarca de A Mariña”. As actividades programadas despertaron o interese dos responsables de museos venencellados ao mundo do mar que se desplazaron ata San Cibrao, dende Asturias e Euskadi, para coñecer esta instalación museística e coa intención de intercambiar información e manter contactos de cara a futuras colaboracións.

Despois da xornada de onte na que se descubriu a placa conmemorativa do 40 aniversario da creación deste museo de San Cibrao que é, sen dúbida, centro cultural de referencia da Comarca da Mariña, no día de hoxe o museo e a carpa instalada para esta celebración acolleron a actuación do músico Antón Castro e o relatorio do documentalista pontevedrés Lino Pazos sobre a caza das baleas. A xornada rematou coa actuación do grupo musical Clan Maragato.

Exit mobile version