Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contará cun plan de mobilidade urbana sostible e cunha guía de boas prácticas ambientais

RIBADEO (FNC).- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou hoxe os investimentos que se levarán adiante este ano a través do núcleo de sostibilidade.

O edil nacionalista sinalou que “desde o Concello de Ribadeo imos poñer en marcha todo aquelo que ten que ver co núcleo de sostibilidade. Entre as cousas que comenzaremos neste 2009 está a colocación de paneis solares na piscina municipal. Uns traballos nos que se investirán 52.000 euros este ano e outro tanto no 2010. Tamén faremos neste meses a ampliación do alcance do sistema EMAS, así como a elaboración dun plan de mobilidade urbana sostible do concello, agora imos facer un prediagnóstico e investiremos máis de 6.000 euros neste 2009 e 23.000 euros o vindeiro ano”.

Horacio Cupeiro engadiu que “outra das cousas que levaremos adiante este ano e que conta cunha partida de 2.100 euros é a limpeza e recollida de lixo na área recreativa de Santa Cruz, máis adiante explicaremos en qué consiste este proxecto e o que faremos cos cativos dos colexios. Tamén imos facer unha promoción participativa con criterios ecolóxicos dirixida aos escolares. A esto destínanse 1.400 euros. E unha guía de boas prácticas ambientais tamén para os colexios valorada en 4.250 euros”.

O responsable da Concellaría de Medio Ambiente suliña que “o total da inversión do núcleo de sostibilidade é de 200.000 euros. No ano 2008 tivemos 28.000 euros, no 2009 temos 85.000 euros e para o 2010 disporemos de 90.000 euros”.

Exit mobile version