Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda vitoria do o C. B. Xove e nova derrota do Celtas Primera Calidad

Xogadores e entrenador do equipo focence CB Celtas-Primera Calidad (foto: Miguel Fraga)

FOZ / XOVE (MFO) .- Os dous representantes mariñáns da liga primeira nacional de baloncesto tiveron distinta sorte nos seus enfrontamentos, ambos contra equipos de Compostela. Os de Foz perderon fora e os de Xove gañaron na casa.
O Celtas – Primera Calidad viaxou a capital galega onde xogou contra o Peleteiro. Os de Foz querían conseguir a súa primeira vitoria pero o cansazo nos minutos finais xogou na súa contra e perderon por un contundente 98 – 76. O partido comezou  moi igualado e ao remate do primeiro cuarto so había un punto de diferencia, pero a boa defensa santiaguesa aumentou a vantaxe a nove puntos no descanso. Na reanudación volveu a igualdade para afrontar o último cuarto con un 70 a 62. Finalmente os focenses acusaron o cansazo das poucas rotacións que dispoñían e o marcador quedou en 98 a 76.
Polo Celtas xogaron: Alberto (11), Sama (30), Miguel (6), Lucas (9), Ramón – Brais (3), Eduardo (2), Humberto (13) e Manuel (2). Aarón foi baixa por un proceso gripal.
O club baloncesto Xove puido celebrar a súa primeira vitoria como local contra o Rosalia. A igualdade marcou o partido, empate a 24 no primeiro cuarto, e o marcador foi alternando para os dous equipos. Nos minutos finais a boa defensa do Xove levouno a vitoria por un apretado 77 a 74.
Polo Xove xogaron: Álvaro (7), David Gómez (26), Pablo Santiago (6), Fernando (11), Pablo Castro (12) – Ángel (2), Juan María (4), Víctor (9), Javi e Juanma.

Exit mobile version