Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre a Escola de Música, o PP de Burela “achaca á débil personalidade do alcalde os chanchullos de Lucía Bouza”

NOTA DE PRENSA

O GMPP reitera que a selección de certas postos da Escola de Música “puidera estar resolto”.

Os populares aseguran que só un dos oito profesores actuais cumple dous dos requisitos solicitados.

O PP achaca á “débil personalidade” do alcalde os chanchullos de Lucía Bouza.

O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que as bases para a contratación do persoal da Escola Municipal de Música están totalmente dirixidas para beneficiar a unha persoa, que puidera ser o irmán da edil Lucía Bouza. Esta é a conclusión á que se chega logo de ler detidamente as bases e comparalas coas de setembro de 2007, nas que tamén acontecía algo semellante. O proceso de selección pode que xa esteña resolto.

Segundo os populares, que adiantan que estas cuestións non van contra esta persoa, senón precisamente contra a forma de actuar de Lucía Bouza, as bases dos postos de Director da Escola e de Director da Banda priman a posesión do título de licenciado en Musicoloxía en 1’5 puntos e a de Diplomado en Maxisteria pola rama de Música en 1 punto. Pero se da a circunstancia que, dos actuais profesores que hai agora mesmo na Esola de Música, o único que cumple, non un, senón eses dous requisitos é o irmán de Lucía Bouza. Polo tanto, cremos que o principio de obxectividade está lonxe dos obxectivos de Lucía Bouza.

Outra cuestión que chama a atención é que o Director da Banda vai a ter quince horas semanais, catro máis có Director da Escola, cando o horario real de ensaios da banda é de catro horas semanais, e teórica e practicamente a dirección da Escola debe ser o posto con máis horas pola súa especial dedicación. A pregunta é mui sinxela, que vai facer as restantes once horas o Director da Banda?

Tamén  é chocante que nas bases de 2007 houbese unha praza de profesor de saxofón. Nesta convocatoria non hai praza de profesor de saxofón, co que sería bon que se aclarase quen vai impartir esta ensinanza, a non ser que non haxa alumnos para saxofón. No curso pasado era o irmán de Lucía Bouza quen impartía esta actividade pero agora nas bases non queda explicitado absolutamente nada.

Todo esto demostra que o que decía o PP a semana pasada tiña o seu fundamento, e que Lucía Bouza vai ter que “tolerar” esto e algo máis. Non nos vale que se enfade nin que descalifique, porque na época do PP custou moito sacar a Escola de Música adiante, ainda que algúns levaban os instrumentos pagados con cartos de todos para as súas casas logo de deixar a Escola e houbo que reclamarllos, como foi o caso precisamente de Lucía Bouza. Ademais, o PP fixo bastante pola música, e aí están os discos da Banda e dos grupos de rock de Burela, e os concertos que se organizaron para dar a coñecer precisamente a estes grupos xóvenes. Ainda que sen dúbida a millor obra que fixo o PP em matéria de música foi a Casa da Xuventude, que alberga precisamente á Escola Municipal de Música, algo que agora hai xente que non queren recoñecer. Agora semella que todo xira ó redor do jazz, e que só existe o jazz. Non nos parece mal, sempre e cando as cousas se faigan ben, que non se están facendo.

E “na raíz do problema está o alcalde das áreas do PSOE, que é incapaz de controlar ós seus propios concelleiros e marcarlles a liña de actuación. A débil personalidade, xunto ó non querer meterse en problema do alcalde, é o que posibilita estes chanchullos que, no caso da Escola de Música, só acaban de comenzar”.

Exit mobile version