Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre os presupostos de 2010

* Unha enfermidade común fixo que esta semana tivese que manterme na cama un par de días.
O azar fixo que coincidise co debate parlamentario no que se presentaron os presupostos no parlamento e se rexeitaron as emendas a totalidade. Co animo de estar un pouco entretido tíveno seguindo por televisión.
O que vin e oín non me agradou absolutamente nada e podo resumilo no seguinte:
* A Vicepresidenta 2ª do Goberno e Ministra de Economía presentou e defendeu unhos presupostos nos que nin ela creia. Notábaselle perfectamente que non confiaba en que estos presupostos nos van sacar da crise, e nin sequera tiña craro que se puidesen cumprir os capítulos de ingresos e gastos.
*  Rajoy, o líder da oposición, fixo un discurso catastrofista e non presentou ningunha alternativa crara. O mesmo tempo que solicitaba menor presión fiscal pedía incrementar a inversión pública e a politica social, algo que dudo que puidese conseguir nin o famoso mago Copperfield.
* Os lideres dos demais grupos que presentaron emendas a totalidade rexeitaron os presupostos con mais ou menos argumentos e con mais ou menos acerto. Pero ningún deles presentou unha alternativa crara de presupostos. Soamente fixeron propostas concretas, moitas veces contraditorias e incompatibles entre si.
* Os representantes dos grupos que apoiaron os presupostos fixeron unha defensa dos mesmos basada no bos que eran para as súas comunidades. Non lles importou un pemento si son bos para sair da crise, si son bos para o conxunto do pais nin si xeneran confianza nos cidadáns. Eles tiñan suficiente con que se atendesen as reclamacións que fixeron para as suas comunidades.
Despois de todo esto eu saquei as seguintes conclusións:
* O goberno non ten nin idea de como sair da crise. Esta a esperar que o tempo e a inercia dos paises europeos como Alemaña, Francia, etc nos saquen da mesma. E mentras tanto para poder sacar os presupostos adiante deixase chantaxear por os partidos nacionalistas. O caso e sacalos para adiante, sexa como sexa, tanto da que sexan bos, malos ou regulares. Foi clarificadora a resposta do Presidente do Goberno a saída do Parlamento “Era el objetivo”.
* Os partidos da oposición fan un discurso catastrofista e intentan que a crise afecte o mais posible o goberno. Non colaboran co fin de saír da crise nin presentan alternativas, xa que o seu único obxetivo e desgastar o goberno.
* Os apoios puntuais que os partidos nacionalistas prestan o goberno e a cambio de prebendas para a sua comunidade, sin importarlle o mais mínimo si son bos ou malos para o resto dos españois.
* Ningún partido transmite confianza os cidadáns, nin mostra interese en facelo.
Pero con esto e todo eu estou convencido de que vamos saír desta crise, xa o levamos demostrado saindo de situacións peores, a pesares dos políticos que temos.
* O Fareiro de Foz

Exit mobile version