Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita de escolares de Xove á mostra didáctica “Enerxía e medio ambiente” na Casa da Cultura de San Cibrao

CERVO .- Escolares do colexio público de Xove desprazáronse hoxe ata a Casa da Cultura de San Ciprián para visitar a mostra “Enerxía e Medio Ambiente” organizada pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa concellería de Medio Ambiente do Concello de Cervo.

A mostra consta de 19 paneis e pretende divulgar a importancia de preservar o medio e a concienciar á poboación da necesidade dunha xestión eficiente dos recursos enerxéticos naturais. Nela o visitante poderá realizar un dobre recorrido científico e histórico pola historia do consumo enerxético

Esta iniciativa, na que colabora o Concello de Cervo, enmárcase dentro do programa de actividades que habitualmente leva a cabo a concellería de Medio Ambiente para fomentar o compromiso cidadán en favor da sustentabilidade e a protección do medio natural.

A mostra pechará o vindeiro dia 31 e o seu horario de visitas é de 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Exit mobile version