Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Cultura de Burela ten pendentes de pago preto de 126 mil euros, calcula o PP

NOTA DE PRENSA

O Concello adeuda sete millóns e medio de pesetas por orquestras das festas patronais-2009.
Os populares aseguran que a Delegación de Cultura de Burela, ela sola, tén pendientes de pago preto de vinteún millóns de pesetas.
O GMPP considera que Nieves Cando xoga alegremente cos cartos dos cidadáns.

O Concello de Burela tén pendientes de pago sete millóns e medio de pesetas, uns corenta e cinco mil euros, correspondentes a tres facturas por orquestras das festas patronais do presente ano 2009. Ademais, a actuación de Malvela o día do pregón contratouse a través dunha empresa interposta e a actuación custou seis mil cincocentos euros, cáseque un millón cen mil pesetas.
O GMPP, que denunciou esta circunstancia a través dunha nota de prensa, considera que a Delegación de Cultura está gastando alegremente os cartos de todos os cidadáns de Burela e, o que é peor, por riba das súas posibilidades, o que ocasiona que haxa retrasos no pago das facturas. Así, os populares estiman que a Delegación de  Cultura, ela sola, tén pendientes de pago facturas por un importe que ronda os vinteún millóns das antigas pesetas, ou sexa, uns cento vintecinco mil euros.
Todas estas contías entran do capítulo de Gastos Diversos da Delegación de Cultura.
Os retrasos nos pagos están verificados en dous exemplos: a orquestra de fin de ano pasado ainda se pagou en Agosto, e en Setembro abonouse unha factura correspondente á Cabalgata de Reis. Tamén se pagou en setembro unha factura para a Burela Blues Band de catrocentos cincuenta euros, cando a Burela Blues Band depende da Escola de Música e esta da Delegación de Educación.
Os populares consideran, á vista da relación de facturas que se levan tramitado por parte de Delegación de Cultura, que o despilfarro e o derroche é absoluto. Tanto é así, que se poñen anuncios de prensa en medios informativos que non teñen despois unha repercusión directa na vida socioeconómica de Burela. E o peor de todo é que a día de hoxe segue sen haber partida presupostaria para os corenta euros de principio de curso e tampouco hai bases da convocatoria desa subvención.
O GMPP lembra que en 2008 a Delegación de Cultura de Burela manexou no capítulo de gastos diversos algo máis de trinta millóns de pesetas, exactamente cento oitenta e un mil seiscentos euros, que na súa meirande parte foron destinados a publicidade e parrandas. Por eso entendemos que é um exercício de cinismo e hipocresía decir que Burela vai mal co PP. O que si é certo é que desde a Delegación de Cultura as asociacións culturais de Burela non teñen axudas oficiais do Concello.

Exit mobile version