Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación creou bolsas por valor de 30 mil euros para que titulados realicen prácticas en Estados Unidos

LUGO .- A Xunta de Goberno aprobou este venres dúas novas bolsas por valor de 30.000 euros que permitirán ós xóvenes titulados realizar prácticas en Estados Unidos, e que están orientadas ó medio ambiente, ó turismo e ó desenvolvemento sostible. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, que actuou hoxe como voceira do equipo de goberno, destacou que “a Deputación púxose mans á obra por facer do medio ambiente unha oportunidade económica para Lugo. Conseguímolo co programa Lug02”.

NOTA DE PRENSA

A Deputación favorece a inserción laboral dos recén titulados cunha bolsa de prácticas en EEUU, dentro de Lug02
– A Xunta de Goberno aprobou esta iniciativa, que conta cun investimento de 30.000 euros, e que está orientada ó turismo e ó desenvolvemento sostible
– Lara Méndez destaca que “o obxectivo é aumentar as posibilidades de inserción dos nosos titulados nestes tempos de crise. Unha vez máis demostramos que o medio ambiente é unha oportunidade económica”
– A Deputación contrata a primeira actuación do canon de Ribas de Sil correspondente ás anualidades 08-09

A Xunta de Goberno aprobou este venres dúas novas bolsas por valor de 30.000 euros que permitirán ós xóvenes titulados realizar prácticas en Estados Unidos, e que están orientadas ó medio ambiente, ó turismo e ó desenvolvemento sostible. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, que actuou hoxe como voceira do equipo de goberno, destacou que “a Deputación púxose mans á obra por facer do medio ambiente unha oportunidade económica para Lugo. Conseguímolo co programa Lug02”.

Neste senso, destacou que “o obxectivo desta iniciativa é aumentar as posibilidades de inserción dos nosos xóvenes titulados, algo que non é unha cuestión menor en tempos de crise. Unha vez máis demostramos que o medio ambiente pode ser unha ferramente para crear novos postos de traballo na provincia”.

As bolsas que hoxe ratificou a Xunta de Goberno súmanse ás que presentou esta mesma semana o Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e que tamén serán aprobadas proximamente e permitirán que 20 recén titulados poidan facer prácticas durante 4 meses en países de Europa e 8 en empresas ou organismos do ámbito do programa europeo. O presuposto destas bolsas é de 233.900 euros.

Máis contratacións do canon
Aprobouse a contratación da primeira actuación do Concello de Ribas de Sil correspondente ás anualidades 2008-2009 do canon para o subministro dun tractor desbrozadora. Esta actución ten un investimento de 59.910 euros máis 9.585 de IVE.
A Deputación investirá en total neste Concello correspondente a este periodo 307.459 euros. O resto do orzamento previsto para este municipio, 247.549 euros, destinaranse á execución das obras para a ampliación da Casa do Concello.

Méndez indicou que “a pasada semana xa anunciabamos que pouco a pouco iriamos contratando novas obras noutros Concellos. O pasado venres foi nos de Pantón, Pobra de Brollón e Quiroga, e hoxe damos un paso máis no proceso de contratación con Ribas Sil. Desde a Deputación estase a actuar coa máxima celeridade posible e os técnicos están visitando os Concellos nos que xa se pecharon as obras. Dos municipios que non contan cunha sentenza favorable só falta pechar as obras en Guntín, Carballedo e Paradela. O Presidente concluirá o proceso con estes tres municipios nos vindeiros días, dando así o carpetazo definitivo ó canon”.

Outros acordos da Xunta
Fóra da orde do día e por vía de urxencia aprobouse a adxudicación do acondicionamento da estrada provincial que vai de Muñis a Rao, no Concello de Navia de Suarna, á empresa Isidro Otero. As obras realizaranse dende o punto quilométrico 5,000 ó 7,000 e teñen un investimento de 278.883 euros. O prazo de execucion é de 4 meses. A Deputación tamén adxudicación provisionalmente o acondicionamento, afirmado e sinalización da CP 4401, que vai da de Paraxes a Lourenzá, pasando por Pastoriza e Reigosa a Muimenta. Os tarballos de mellora realizaranse nun treito de 500 metros, concretamente, dende o punto quilométrico 10,780 ó 11,280. O importe desta actuación é de 60.440 euros

Tamén se deu o visto e prace a 5 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais de 2006 (1), 2007 (2) e 2008 (1). Pertencen ós Concellos de Xermade, Bóveda, Ribas de Sil, Foz e A Fonsagrada. Suman un total de 69.223 euros, dos que a Deputación achega 29.681.

Exit mobile version