Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación imparte en Viveiro un curso de protocolo para empregados da administración local

VIVEIRO .- A Deputación imparte en Viveiro un curso de protocolo para empregados da administración local a partir do 17 de novembro. A inscrición pódese facer ata o 12 de novembro de forma presencial no Pazo de San Marcos, ou ben a través da páxina web da Deputación. Tratase un curso de protocolo dirixido a empregados da administración local, organismos, e empresas vinculadas, que desenvolvan actividades relacionadas coa organización de actos, coa información dirixida aos medios de comunicación, ou con labores de secretaría nos diferentes ámbitos de xestión.

Nota de Prensa

A Deputación imparte un curso de protocolo para empregados da administración local

– A xornada, que se celebrará en Viveiro a partir do 17 de novembro, enmárcase dentro do catálogo de prestacións que o organismo provincial dirixe aos Concellos

– A inscrición pódese facer ata o 12 de novembro de forma presencial no Pazo de San Marcos, ou ben a través da páxina web da Deputación

– O organismo provincial convocará o mesmo curso na capital, e en Monforte de Lemos, co obxectivo de extender por toda a provincia un temario moi demandado

A Deputación impartirá en Viveiro, a partir do 17 de novembro, un curso de protocolo dirixido a empregados da administración local, organismos, e empresas vinculadas, que desenvolvan actividades relacionadas coa organización de actos, coa información dirixida aos medios de comunicación, ou con labores de secretaría nos diferentes ámbitos de xestión.

O organismo provincial organiza este curso debido a ampla demanda dos servizos que presta o departamento de protocolo da Deputación, que a cotío, atende numerosas peticións, de distintos Concellos, para a organización e a participación en actos.

A xornada “Comunicación e protocolo no ámbito da administración local” enmárcase no novo catálogo de prestacións que a Deputación pon en servizo dos Concellos. Dentro do obxectivo do organismo provincial de cooperar cos municipios da provincia, púxose en marcha un servizo dividido en tres áreas: xurídica, económico-financieira e técnica. Esta última, está integrada pola asistencia urbanística, novas tecnoloxías, xestión administrativa, xestión de recursos humanos, patrimonio, expropiacións, medio ambiente, arquivo e protocolo.

Datas e horarios

O curso desenvolveráse no salón de actos do Concello de Viveiro os días 17, 19, 20, 24, 26 e 27 de novembro; e o 1, 3, 4, 10, 11, 15, 17, 18 e 22 de decembro, dende ás 17:00 horas e ata ás 21:00 horas. Os interesados deberán facer a súa inscrición ata o 12 de novembro de forma presencial no Pazo Provincial ou ben, a través da páxina web da Deputación.

O organismo provincial convocará ademais o mesma xornada na capital lucense, e en Monforte de Lemos, co obxectivo de extender por toda a provincia un temario moi demandado polo persoal da administración local.

Exit mobile version